ALCALDÍA
O alcalde recibiu os membros da Comisión de Cultura do Congreso dos Deputados
O alcalde compostelán, Ángel Currás, recibiu en Raxoi os membros da Comisión de Cultura do Congreso dos Deputados.
ALCALDÍA
A Comisión de Coordinación de Seguridade reunirase con maior periodicidade
A Xunta Local de Seguridade celebrou unha nova reunión, copresidida polo alcalde compostelán, Ángel Currás, e o subdelegado do Goberno na Coruña, Jorge Atán Castro. Na xuntanza acordouse dar maior periodicidade á Comisión de Coordinación de Seguridade e constatouse que os índices de criminalidade seguen estando nos mesmos baixos parámetros de anos anteriores.
URBANISMO E BARRIOS
O Concello investirá 486.000 euros na reurbanización da rúa de San Pedro
Os concelleiros de Urbanismo, María Pardo, e de Barrios, Vías e Obras, Juan de la Fuente, informaron en rolda de prensa sobre a reforma que o Concello vai acometer na rúa de San Pedro, así como doutras intervencións previstas en firmes e pavimentos deteriorados dalgunhas rúas do Ensanche.
ALCALDÍA
O alcalde reivindica o valor industrial do parque empresarial da Sionlla para reforzar o equilibrio socioeconómico da cidade
O alcalde compostelán, Ángel Currás, asistiu á posta en servizo do parque empresarial da Sionlla, nun acto no que tamén participaron o presidente da Xunta en funcións, Alberto Núñez Feijóo, e o conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas en funcións, Agustín Hernández. Logo, xunto con varios concelleiros, o alcalde asistiu á apertura do novo supermercado de Mercadona na Costa Vella.
BENESTAR SOCIAL
Santiago de Compostela súmase a unha campaña solidaria de recollida de alimentos
O 23 de novembro arranca a campaña solidaria Súmate ao noso reto por Santiago. Por cada quilo de comida que does, Intercun doará outro quilo de carne de coello, froito do acordo de colaboración entre Intercun, Organización Interprofesional Cunícola, e o Banco de Alimentos, co fin de chamar á solidariedade dos veciños de Santiago de Compostela.
ECONOMÍA
Ábrese o prazo para inscribirse no curso "A comunicación emocional: falar, contar e conquistar ás masas no século XXI"
A Concellería de Economía, dentro do programa Santiago Investors Support para fomentar o tecido empresarial e a cultura emprendedora da cidade, organiza o curso A comunicación emocional: falar, contar e conquistar ás masas no século XXI, dirixido a persoas emprendedoras, traballadores en activo do tecido empresarial de Santiago, persoas desempregadas e estudantes.
CULTURA
A exposición "Unidos pola arte" recolle por primeira vez o patrimonio pictórico do Concello e do Consorcio de Santiago
O alcalde e presidente do Consorcio de Santiago, Ángel Currás, inaugurou a exposición Unidos pola arte. Colección de pintura do Concello de Santiago de Compostela e do Consorcio de Santiago, que agrupa no Auditorio de Galicia unha boa parte do patrimonio pictórico do Concello e do Consorcio de Santiago.
CONSORCIO
A Escola de Altos Estudos Musicais de Galicia inaugurou o seu curso 2012/2013
Celebrouse o acto oficial que deu inicio ao curso académico da Escola de Altos Estudos Musicais de Galicia. O alcalde e presidente do Consorcio, Ángel Currás, e o conselleiro de Cultura, Jesús Vázquez, presidiron o acto institucional que serviu para inaugurar a actividade docente deste centro de ensino musical no que se imparte o Curso Avanzado de Práctica Orquestral.
EDUCACIÓN
A Concellería de Educación ofrece un ano máis un espazo de conciliación e lecer durante o Nadal en tres centros escolares
A concelleira de Educación, Rebeca Domínguez, presentou o Programa de conciliación familiar e laboral para o este Nadal 2012. A iniciativa comprenderá un conxunto de actividades, que se desenvolverán nos CEIP Ramón Cabanillas, Pío XII e As Fontiñas, dirixidas aos nenos e nenas de educación Infantil e primaria do municipio de Santiago. As datas de realización son os días 24, 26, 27, 28 e 31 de decembro e 2, 3, 4 e 7 de xaneiro. O prazo de preinscrición estará aberto entre o 20 e o 26 de novembro, ambos...
DEPORTES
Oitocentos rapaces participarán nunha nova edición da Campaña de Minibasket Memorial Lorenzo de la Torre
O concelleiro de Deportes, Adrián Varela, presentou unha nova edición da Campaña de Minibasquet Memorial Lorenzo de La Torre, que dende novembro ata o mes de maio se desenvolverá en varios pavillóns municipais da cidade.