BENESTAR SOCIAL
Asinados dez novos convenios de colaboración con entidades sociais
Se na xornada precedente se asinaran sete convenios con outras tantas entidades sociais, desta vez foron dez as asociacións coas que subscribiu convenios municipais a concelleira de Benestar Social, María Castelao. O Concello destina neste exercicio 2013 case 400.000 euros a estas subvencións nominativas para programas das entidades sociais da cidade.
CULTURA
O Concello incorpora o Auditorio Novagalicia do Preguntoiro á rede de espazos culturais
O alcalde compostelán, Ángel Currás, e o director do Gabinete de Presidencia de NCG Banco, Santiago Novoa, asinaron un convenio de colaboración que permitirá incorporar o Auditorio da entidade financeira na rúa do Preguntoiro á rede de espazos culturais municipal compostelá. O acordo permite "reforzar a programación cultural nos eidos da música, teatro e danza, así como ciclos didácticos, infantís e familiares", segundo se indica no documento asinado. O recinto continuará sendo...
MOBILIDADE
TUSSA únese á conmemoración do Día Mundial contra o Cancro de Mama
Un ano máis, a Sociedade Municipal de Xestión do Transporte Urbano, S.A (TUSSA) e a Xunta Local da Asociación Española Contra o Cancro (AECC) colaborarán na realización de actividades divulgativas e informativas con motivo da celebración do Día Mundial contra o Cancro de Mama (19 de outubro). Esta colaboración plasmarase na difusión dos símbolos representativos da loita contra o cancro de mama, tanto nas instalacións da Estación de Autobuses coma nos propios autobuses que realizan o transporte urbano na...
NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA
O Concello e a Cámara de Comercio preparan o XIV Premio Manuel Beiras
A concelleira de Normalización Lingüística, Rebeca Domínguez, mantivo unha reunión con representantes da Cámara de Comercio co fin de ultimar os detalles da convocatoria da XIV edición do Premio Manuel Beiras. Na xuntanza tamén participaron a responsable do Departamento de Lingua Galega, Socorro García Conde e, pola Cámara, Fernando Barros e María Montoto.
EDUCACIÓN
Un programa pedagóxico promove a posta en valor das 13 cidades Patrimonio da Humanidade entre os seus escolares
A Concellería de Educación propón aos centros escolares do municipio con alumnado de 6º de Primaria e de Secundaria a participación no programa A escola adopta un monumento. O patrimonio como recurso educativo, unha iniciativa que pretende dinamizar o coñecemento do patrimonio histórico, arquitectónico e natural das 13 cidades membros do Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade de España: Santiago de Compostela, Alcalá de Henares, Ávila, Cáceres, Córdoba, Cuenca, Ibiza, Mérida, Salamanca,...
COMERCIO
O pequeno comercio compostelán presenta este sábado as súas coleccións outono-inverno na xornada "Estrea Estilo!"
Trinta e catro establecementos comerciais da cidade participarán este sábado, 19 de outubro, na iniciativa Estrea Estilo!. Nesta xornada de dinamización, o pequeno comercio compostelán presentará, exhibirá e venderá as novas coleccións outono inverno 2013-2014 en diversos espazos do Hotel Eurostars Araguaney. O evento celebrarase o sábado 19 de outubro, de 10:00 a 15:00 e de 16:00 a 21:00 horas.
BENESTAR SOCIAL
O Concello destina case 400.000 euros a subvencións para entidades sociais da cidade
A concelleira de Benestar Social, María Castelao, asinou seis convenios de colaboración con entidades sociais: Asociación Compostelá de Esclerose Múltiple (ACEM), Voluntarias da Caridade-San Vicente de Paúl, Cociña Económica, Cáritas Diocesana de Santiago (Programa Vagalume), Federación de Asociacións de Familiares e Persoas con Enfermidade Mental de Galicia (FEAFES Galicia) e Asociación Fonte da Virxe de Familiares e Amigos de Enfermos Mentais. Estes seis acordos supoñen unha achega municipal aos...
XUNTA DE GOBERNO
Iníciase o procedemento para dotar de novas áreas infantís as prazas de Galicia e de Vigo
A Xunta de Goberno, na súa sesión ordinaria, aprobou o inicio do expediente de contratación das obras e subministro de equipamento para as áreas infantís da praza de Galicia e da praza de Vigo. Tamén se adxudicaron sete das obras en parroquias do rural do Plan de Obras e Servizos (POS 2013) da Deputación da Coruña.
TURISMO
Turismo de Santiago promociona a cidade na feira profesional máis importante de Italia
Turismo de Santiago promocionará a cidade na feira turística destinada ao público profesional máis importante de Italia, a TTG Incontri, que terá lugar en Rimini entre o 17 e o 19 de outubro. A feira constitÚe o maior foro de contratación do sector turístico italiano, xa que nela participan a maior parte dos operadores turísticos do país. No ano 2012 contou con máis de 50.000 asistentes profesionais, dos cales o 60% eran axentes de viaxes.
DEPORTES
Recepción ao Arteal Tenis de Mesa
O alcalde compostelán, Ángel Currás e o concelleiro de Deportes, Adrián Varela, recibiron os integrantes do club Arteal Tenis de Mesa.