XUNTA DE GOBERNO
O alcalde destaca o récord de chegadas ao Aeroporto de Santiago neste mes de maio
Na rolda de prensa desta mañá, o alcalde de Santiago fixo balance dos datos turísticos de Santiago nos primeiros meses deste ano e destacou que "con respecto ao último Ano Santo 2010, rexistrouse unha subida do 70% na chegada de visitantes a través do Aeroporto". O número de chegadas en autobús reduciuse en prol do uso do tren de alta velocidade como medio para visitar Santiago.
IGUALDADE
Minuto de silencio pola última vítima mortal de violencia machista
A praza do Obradoiro acolleu esta mañá un minuto de silencio pola muller asasinada onte en Soria, última vítima de violencia machista.
PROMOCIÓN ECONÓMICA
A Oficina de Promoción Económica asiste á Asemblea Xeral da Rede de Entidades de Desenvolvemento Local
Onte xoves tivo lugar no municipio de Roa (Burgos), a Asemblea Xeral de REDEL, a Rede de Entidades de Desenvolvemento Local, da que forma parte o Concello de Santiago a través da Oficina de Promoción Económica. O encontro contou coa participación de case a totalidade das 31 entidades asociadas a REDEL así como do Ayuntamiento de Fuenlabrada e a Diputació de Castelló, cuxa incorporación á rede foi aprobada durante a reunión.
SEGURIDADE
A IV Gala pola Seguridade Viaria pecha as actividades de Educación Viaria cos escolares de Compostela
Nenos e nenas dos centros escolares de Compostela participaron esta mañá no Auditorio de Galicia na IV Gala pola Seguridade Viaria, a gran festa coa que remata o programa de formación dirixido ao alumnado compostelán de 4º de primaria que o departamento de Educación Viaria da Policía Local desenvolveu ao longo do curso. Nesta edición, o programa de actividades foi seguido por arredor de 900 nenos e nenas de 24 colexios de Santiago.
ACCIÓN CULTURAL
Santiago acolle, desde hoxe e ata o 19 de xuño, a sexta edición da SELIC
O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, visitou hoxe na Praza do Toural os distintos postos de libros instalados con motivo da SELIC, a Semana do Libro en Compostela, que se celebra desde hoxe ata o 19 de xuño. Nesta sexta edición participan máis 22 librarías e editoriais, ademais de 70 autores. Tamén conta, este ano, coa presencia de músicos como Santiago Auserón ou James Rhodes, a quen saúdou o rexedor.
XUNTA DE GOBERNO
A Xunta de Goberno Local acorda presentar os proxectos de rehabilitación do Estadio Verónica Boquete e do Auditorio de Galicia á convocatoria de axudas PIREP
A Xunta de Goberno Local, reunida en sesión extraordinaria, acordou o compromiso de que o Concello "disporá de todos os recursos humanos, técnicos e orzamentarios necesarios para executar o proxectos de rehabilitación do Estadio Municipal Verónica Boquete (San Lázaro) e do Auditorio de Galicia.
CENTROS SOCIOCULTURAIS
A Alameda de Santiago acolle este venres as actividades para a cativada adiadas o pasado día 28, "Día Internacional do Xogo"
O Paseo da Ferradura, na Alameda de Santiago, acolle mañá, 10 de xuño, distintas actividades de ocio programadas pola Rede de Centros Socioculturais para conmemorar o "Día Internacional do dereito ao xogo". Entre as 17:00 h e as 20:00 h a cativada poderá gozar co circuito de xogos de habilidade e xogos tradicionais, cos inchables, coa animación de "Zancudos do Circo" e da compañía "Troula"; e co espectáculo, ás 18:00 h de Antón Ke.
SEGURIDADE CIDADÁ E MOBILIDADE
A Xunta Local de Seguridade aborda o dispositivo para "O Son do Camiño"
Representantes do Concello, a Delegación do Goberno, a Xunta de Galicia, e das forzas e corpos de seguridade reuníronse esta mañá no Pazo de Raxoi para coordinar o dispositivo de seguridade do Son do Camiño, festival que atraerá arredor de 42.000 persoas a Santiago os días 16, 17 e 18 de xuño. As tres administracións actuarán de forma conxunta con medidas especias que se aplicarán tanto nos controis de acceso e no interior do recinto, como na propia cidade. Tamén se reforzarán os servizos ferroviarios e...
TURISMO
O Festival de San Xoán volve o día 23 a Mazarelos
O "Tren Cacharelo" circulará de balde na tarde do xoves 23 de xuño con paradas nos barrios onde se organizan algunhas das cacharelas veciñais máis populares.
COMERCIO
O alcalde percorre varias rúas da cidade, deténdose en distintos comercios, na primeira xornada de Prima 22
O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, acompañado de representantes das asociacións comerciais, e de distintos membros da Corporación Municipal, realizou un percorrido pola cidade histórica e polo Ensanche, con motivo da festa do comercio local Prima 22, que comezou hoxe e se prolongará ata o vindeiro sábado, 11 de xuño, nos distintos barrios de Compostela.