CONVIVENCIA

A Policía Local realizou controis do uso do cinto en máis de 2.600 vehículos

22/09/2016

A Policía Local, en colaboración coa Dirección Xeral de Tráfico, realizou durante a pasada semana unha campaña especial de vixilancia do uso do cinto de seguridade entre os/as ocupantes dos vehículos, con especial atención aos sistemas de retención infantil. Durante sete días, os/as axentes inspeccionaron máis de 2.600 vehículos, co obxectivo, segundo a Policía Local, de "concienciar da importancia do uso do cinto como un elemento de seguridade viaria cuxo uso reduce á metade o risco de morte en...

Leer más

DEPORTE

Santiago acolle o 2 de outubro a XV Camiñada ao Pedroso a prol de Unicef

22/09/2016

O concelleiro de Deporte, Rafael Peña, presentou xunto ao presidente da sección de montaña do Club Deportivo Fontiñas, Iñaki Bilbao, a XV edición da Camiñada Solidaria ao Pedroso. Na rolda estiveron acompañados de Marta Andrade, de Unicef Galicia, entidade á que se destinarán os fondos recadados na andaina.

Leer más

CONSORCIO

Catro solistas noveis de Galicia tocarán coa Real Filharmonía xunto con outros/as de Países Baixos, Rusia e Estados Unidos

22/09/2016

O VI Festival Internacional Peregrinos Musicais, cuxa finalidade é apoiar a novos talentos galegos, clausúrase mañá venres cun concerto coa Real Filharmonía de Galicia (RFG). A orquestra, dirixida nesta ocasión polo seu director asociado, o mestre compostelán Maximino Zumalave, acompañará a músicos/as noveis de Galicia e tamén procedentes dos Países Baixos, Rusia e Estados Unidos. A cita terá lugar ás 20:30 horas no Auditorio de Galicia.

Leer más

ACCIÓN CULTURAL

O Festival Internacional Galicreques dedica a súa 21ª edición a Latinoamérica, de onde chegan 11 das 21 compañías participantes

22/09/2016

Dende hai dúas décadas o teatro de monicreques e bonecos ten en Galicia un referente fundamental: o Festival Internacional Galicreques, organizado pola asociación cultural Barriga Verde. O certame celebra a súa 21ª edición do 24 de setembro ao 2 de outubro, con 24 espectáculos para todos os públicos en diferentes teatros, salas e rúas de Santiago. A estes haberá que sumar 12 funcións especiais para público escolar.

Leer más

ACCIÓN CULTURAL

A segunda edición do festival "Rock is Dead" traerá a Belvís case 200 músicos/as e actividades para todos os públicos

21/09/2016

A concelleira de Acción Cultural, Branca Novoneyra, presentou esta mañá a segunda edición do Festival Rock is Dead, que terá lugar o próximo sábado 24 de setembro no parque de Belvís. Na rolda estivo acompañada do vicepresidente e secretario da Asociación Cultural Mad Ghost, Iago e Jorge Otero, encargados da organización do evento.

Leer más

COMERCIO

O Ensanche celebrará o 1 de outubro unha festa con música e actividades na que participarán máis de 50 comercios

21/09/2016

O Ensanche compostelán volve estar de festa e reedita a celebración do seu 55 aniversario cunha nova edición que leva por nome 56 anos vivindo O Ensanche. A concelleira de Igualdade, Desenvolvemento Económico e Turismo, Marta Lois, presentou os detalles das actividades organizadas polo tecido veciñal e comercial do barrio. Na rolda estivo acompañada do coordinador do evento, Xosé Manuel Durán; o secretario de Santiago Centro, Delmiro Prieto; un representante de Panxea, Gonzalo Gesto; e Eva López de proxecto EmRede.

Leer más
Compartir: