CONSORCIO

O prestixioso trompetista valenciano Luis González formará neste instrumento a músicos galegos

24/10/2016

A Escola de Altos Estudos Musicais (EAEM), con sede en Santiago de Compostela, dispón dun programa de formación permanente dirixido a intérpretes novos. No marco deste proxecto, ofrécese a posibilidade de asistir ao longo do ano a unha serie de clases maxistrais que imparten solistas de prestixio internacional. A vindeira semana contarase coa presenza do afamado trompetista valenciano Luis González. Ademais dos alumnos da Escola, ofrécense praza para músicos externos ao centro.

Leer más

CONSORCIO

Quince locais comerciais da cidade histórica solicitaron as axudas do Consorcio para a súa mellora

24/10/2016

O Consorcio de Santiago puxo en marcha o Programa Localízate, dotado con 100.000 euros en axudas para mellorar a accesibilidade, a eficiencia enerxética, a imaxe exterior e o acondicionamento interior dos locais comerciais situados no ámbito do Plan Especial de Rehabilitación da Cidade Histórica de Santiago de Compostela. O pasado luns remataba o prazo de presentación de solicitudes e pediron as axudas 15 locais, un boa parte dos cales aspiran á máxima cantidade subvencionable.

Leer más

EDUDACIÓN E CIDADANÍA

O concelleiro de Educación reúnese co persoal directivo dos CEIPS de Compostela

24/10/2016

O concelleiro de Educación e Cidadanía, Manuel Dios, mantivo esta mañá, no edificio Cersia, unha xuntanza cos 13 directores e directoras dos centros de primaria de Compostela. Esta reunión responde á vontade do Departamento de manter, como fixo o ano pasado, unha xuntanza anual ao comezo de curso cos equipos directivos dos colexios públicos de Compostela.

Leer más

ALCALDÍA

Santiago pásalle o testemuño da organización do Womex a Katowice

22/10/2016

O Salón Nobre do Pazo de Raxoi foi escenario este mediodía do acto da cesión da organización do Womex, que o en 2017 se celebrará en Katowice. O alcalde da cidade polaca, Marcin Krupa, recibiu o testemuño de mans do rexedor compostelán, Martiño Noriega, nun acto no que tamén participaron a concelleira de Turismo, Marta Lois; o director do Womex, Alex Walter; a vicepresidenta da Deputación da Coruña, Goretti Sanmartín; e o conselleiro de Cultura, Román Rodríguez.

Leer más

EDUCACIÓN E CIDADANÍA

Éxito do obradoiro de tallado de calacús organizado pola Concellaría de Educación

22/10/2016

Esta mañá desenvolveuse unha nova actividade das programadas co fin de recuperar a festa do Samaín, unha celebración asociada ao ciclo anual do sol que xa forma parte do Patrimonio Inmaterial de Galicia. A Concellaría de Educación e Cidadanía, a través dos centros de ensino convocara as familias a participar nun obradoiro de tallado de calacús ou caveiras de cabaza, dirixido polo mestre Rafael López Loureiro, que leva dende hai moitos anos realizando un teimudo labor de recuperación e dignificación desta...

Leer más

XUNTA DE GOBERNO

En marcha os trámites para adxudicar a reparación do contorno de Santa Susana

21/10/2016

A Xunta de Goberno acordou hoxe iniciar o procedemento de adxudicación das obras de repavimentación do contorno do parque de Santa Susana, no que se van investir 140.187,24 euros, IVE incluído. O secretario da Xunta de Goberno, Xan Duro, explicou que a actuación se financiará con cargo aos remanentes, de xeito que deberá estar concluída antes de que remate o ano. O prazo de execución é de 45 días.

Leer más
Compartir: