FESTAS

Os Fogos do Apóstolo farán un repaso pola tradición das festas ao longo dos séculos

21/07/2017

Os Fogos do Apóstolo farán este ano un percorrido polas tradicións vinculadas ás celebracións de Santiago, dende as festas do Cendal coas que se lle rendía homenaxe ao Apóstolo ata finais do século XVII. Así o explicaron hoxe o alcalde, Martiño Noriega, e o director creativo do espectáculo, Javier García, nunha rolda de prensa na que deron os detalles do evento máis agardado das festas. Este ano, a montaxe corre a cargo de Acciona Producciones y Deseño, que á súa vez lle encargou a...

Leer más

ALCALDÍA

O Concello lembra as persoas represaliadas tras o golpe de Estado de 1936 cun emotivo acto no antigo cárcere da Falcona

21/07/2017

O Concello de Santiago quixo lembrar na tarde deste venres o golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 e as persoas represaliadas pola dictadura franquista. Así, organizouse un acto na antiga cárcere do Pazo de Raxoi, comunmente coñecida como Falcona, no que participaron María Rozas, tenente de alcalde; Antonio Míguez Macho, representante de Histagra, e Mila Bouzón, da asociación Iniciativa Galega pola Memoria.

Leer más

CONSORCIO

A RFG celebrará 25 concertos na nova temporada, ademais de actuacións gratuítas en espazos singulares e propostas didácticas

20/07/2017

A Real Filharmonía de Galicia (RFG) presentou este xoves a nova temporada de abono 2017-2018 na súa sede, o Auditorio de Galicia. Asistiron ao acto o alcalde de Santiago e presidente do Consorcio da cidade, Martiño Noriega; a xerente do organismo interadministrativo, Belén Hernández; o director titular e artístico da orquestra, Paul Daniel; e o director-xerente do Auditorio de Galicia, Xaquín López.

Leer más
Compartir: