PROMOCIÓN ECONÓMICA
21 comercios de Compostela inscribíronse na Edición de Primavera do Concurso de Escaparatismo
Vinteún comercios de Compostela inscribíronse na Edición de Primavera do VIII Concurso Municipal de Escaparatismo SCQ Shopping 2011, organizada pola Concellaría de Promoción Económica, Emprego, Comercio e Turismo que dirixe Xosé Manuel Iglesias.
CONSORCIO
A igrexa das Ánimas recupera o seu esplendor orixinal logo de cinco anos de restauracións
O Consorcio de Santiago desenvolveu un programa de recuperación que permitiu devolver o aspecto orixinal aos retablos da igrexa das Ánimas, realizados en estuco de xeso, algo insólito no norte peninsular. Os retablos foron descubertos nun acto de recoñecemento ao esforzo restaurador que permite agora contemplar o conxunto escultórico do templo liberado das suciedades, humidades e mutilacións que sufría dende hai décadas.
CONSORCIO
O artista iraní Mohammad Motamedi sustitúe a Nodira na segunda xornada do Festival de Músicas Contemplativas
Logo de que a artista Nodira tivese que cancelar a súa participación no Festival de Músicas Contemplativas, ao non recibir permiso do goberno de Uzbekistán para saír do seu país, o equipo do Consorcio de Santiago conseguíu atopar un sustituto e evitar que se tivese que suspender o concerto programado para o martes 19 de abril. Así, o cantante iraní Mohammad Motamedi chegará a Santiago para ofrecer un recital de música tradicional persa, acompañado de dous expertos músicos, Abbos Kosimov (que...
ALCALDÍA
O alcalde reúnese coa nova directiva da Asociación de Veciños de Figueiras
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, visitou as obras de mellora e ampliación do centro sociocultural de Figueiras, onde mativo un encontro coa nova directiva da Asociación de Veciños Nova Xeira.
TURISMO
Turismo de Santiago inclúe a Cidade da Cultura na súa oferta de visitas guiadas
O concelleiro de Promoción Económica e Turismo, Xosé Manuel Iglesias, presentou o catálogo de Compostela Walking Tours de Turismo de Santiago para o ano 2011. Nesta ocasión inclúe como novidade unha visita á Cidade da Cultura. O novo catálogo de visitas guiadas comezará a ofertarse a partires do 15 de abril, con motivo da Semana Santa, e estará en vigor ata o 31 de outubro.
ALCALDÍA
O alcalde amósase "extraordinariamente satisfeito" pola evolución de Lavacolla
Coñecidos os datos do tráfico dos aeroportos no primeiro trimestre do ano, nos que 492.192 pasaxeiros pasaron pola terminal de Lavacolla, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, amosouse "extraordinariamente satisfeito" por estas cifras. O de Santiago foi o aeroporto que máis medrou neste período entre os 25 principais aeródromos españois.
ALCALDÍA
Una nova ordenanza eximirá da licenza de apertura a determinados establecementos
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, anunciou en rolda de prensa que a Xunta de Goberno do martes 19 aprobará o proxecto de ordenanza que regulará a tramitación de actividades. Grazas a esta norma, determinados establecementos non precisarán de licenza de apertura, que será substituída por unha comunicación previa ou unha declaración responsable, dependendo dos casos.
ALCALDÍA
Catrocentos escolares visitaron o Concello na Xornada de Portas Abertas
Un ano máis, o Concello de Santiago celebrou a súa Xornada de Portas Abertas, na que composteláns e visitantes puideron coñecer por dentro as dependencias municipais da praza do Obradoiro. Entre eles, preto de 400 escolares de nove centros educativos da cidade.
TURISMO
Turismo de Santiago amplía as súas visitas en MP3 incluíndo museos e monumentos
O concelleiro de Promoción Económica e Turismo, Xosé Manuel Iglesias, presentou a nova acción de Santiago en MP3, que ademais da tradicional visita audioguiada pola cidade histórica, inclúe cinco novas guías específicas para espazos singulares da cidade.
PARTICIPACIÓN CIDADÁ
Aberta aínda a inscrición no taller "Coñecemento, domino e redución do estrés", dirixido a xuntas directivas das asociacións
A Concellaría de Participación Cidadá convida a todas as asociacións a participar no taller Coñecemento, dominio e redución do estrés, que terá lugar o mércores 20 de abril na Casa das Asociacións de Cornes. Aínda quedan prazas.