IGUALDADE E MOCIDADE
A Sala Capitol acollerá o concerto "Rock & Elas" dentro do programa do Día Internacional das Mulleres
As concelleiras de Igualdade e de Mocidade, Marta Lois e Noa Morales, presentaron esta mañá a primeira das actividades do programa para a conmemoración do 8 de marzo, Día Internacional das Mulleres. Na rolda tamén estiveron Paula Rego e Sabela Sampedro, batería e guitarrista dun dos grupos do concerto, Agoraphobia.
PLENO
O alcalde reivindica os avances sociais e a captación de fondos europeos no Debate sobre o Estado do Municipio
O alcalde defendeu hoxe que "Santiago é unha cidade que latexa e recupera o pulso", durante o Pleno do Debate sobre o Estado do Municipio, celebrado esta tarde. Martiño Noriega relatou que a acción de Goberno está permitindo que teñamos "unha Compostela máis social, máis solidaria, cultural e verde, na que teñen prioridade as pequenas obras que lle facilitan o día a día á veciñanza".
PLENO
Aprobados os orzamentos municipais do 2018, que ascenden a 110 millóns de euros e apostan polo investimento nos barrios
O Pleno da Corporación ratificou este mércores, en sesión extraordinaria, os orzamentos de 2018, que quedaron aprobados tras o rexeitamento das alegacións presentadas pola CIG durante o período de exposición pública. As contas, que ascenden a 110 millóns de euros, foron aprobadas cos votos favorables de Compostela Aberta e as abstencións do PSOE e BNG. O Partido Popular votou en contra.
MOCIDADE
Arredor de 130 escolares de tres centros participarán no programa "Teatro-Foro"
A concelleira de Mocidade, Noa Morales, presentou esta mañá unha nova actividade que se desenvolverá durante este ano en tres centros escolares, impulsada polo seu Departamento. Na rolda estivo acompañada de Ramón Molina, de Arelar Xestión Socioeducativa.
ALCALDÍA E EDUCACIÓN
Recepción ao alumnado galego, francés, alemán e polaco participante nun programa Erasmus +
O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, recibiu un grupo de alumnos e alumnas de tres colexios europeos -un de Varsovia (Polonia), un de Bad Nenndorf (Alemaña) e outro de Champagné (Francia)- que xunto co colexio compostelán Compañía de María participan no Proxecto COME 2016-2018 (Cooperation On Mobility in Europe), dentro do Erasmus + da Unión Europea.
CONSORCIO
O catalán Damián Arenas, contrabaixo da Orquesta Sinfónica de RTVE, impartirá clases a músicos galegos
A Escola de Altos Estudos Musicais (EAEM), con sede en Santiago de Compostela, dispón dun programa de formación permanente dirixido a intérpretes noveis. No marco deste proxecto, ofrécese a posibilidade de asistir ao longo do ano a unha serie de clases maxistrais que imparten solistas de recoñecido prestixio internacional. A vindeira semana contarase coa presenza do recoñecido contrabaixista catalán Damián Arenas. Ademais do alumnado da Escola, tamén poden asistir intérpretes externos ao centro.
PATRIMONIO
O Grupo de Cidades Patrimonio convoca o II Certame de Creación Audiovisual para Mozos/as
Este martes presentouse o II Certame de Creación Audiovisual para Mozos/as "A miña cidade é patrimonio de todos", que organiza o Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade de España. Este programa enmárcase na celebración ao longo deste 2018 do 25 aniversario da constitución do Grupo.
ACCIÓN CULTURAL
O Festival Atlántica celebra seis anos de historias narradas arredor do océano
Do 13 ao 18 de marzo, Compostela volverá dar acubillo a contadoras e contadores de ambas beiras do Atlántico. O Festival Atlántica de narración oral retorna a cidade cun intenso programa de actividades que se estenden por toda Galicia e se dirixen a todos os públicos. A programación da sexta edición do certame presentouse esta mañá na Casa do Concello nun rolda de prensa na que participaron representantes de boa parte das entidades que colaboran na mesma. Canda a concelleira de Acción Cultural de Santiago, Branca Novoneyra,...
OBRAS PARA O EQUILIBRIO TERRITORIAL
Comezan as obras de reurbanización da rúa da Rapa da Folla
Este luns comezaron as obras de reurbanización da rúa da Rapa da Folla, nas que o Concello vai investir 35.000 euros. O prazo de execución das obras será de cinco semanas.
XUNTA DE GOBERNO
Solicitada a inclusión na EDUSI do proxecto para a rehabilitación enerxética dos edificios municipais
A Xunta de Goberno acordou hoxe solicitar a inclusión na EDUSI do proxecto de Rehabilitación Enerxética de Edificios de Titularidade Municipal. A operación ten un orzamento total de 520.000 euros, dos que 416.000 procederían de fondos FEDER. Para iso, o Ministerio de Facenda deberá aceptar a súa incorporación á Estratexia de Desenvolvemento Sostible Integrado.