TURISMO
Santiago de Compostela acumula no 2009 un crecemento en pernotacións do 6,68% a falta dos datos de decembro
Santiago de Compostela sumou nos once primeiros meses do ano un total de 1.130.857 pernotacións, segundo os datos feitos públicos polo Instituto Nacional de Estatística (INE). Neste período, a única cidade pertencente aos grupos das Cidades Patrimonio e da España Verde, compostos polos destinos comparables á nosa cidade, que supera o millón de pernotacións entre xaneiro e decembro, ademais de Santiago, foi Bilbao, con 1.027.764.
PARTICIPACIÓN CIDADÁ
Unha gala benéfica no Teatro Principal pechou o Nadal Solidario
A campaña Nadal Solidario, organizada pola Concellería de Participación Cidadá, en colaboración co xornal gratuíto Santiagosiete, tivo como colofón unha gran gala no Teatro Principal.
TURISMO
O Concello e a Deputación da Coruña trazan liñas de colaboración turística
O concelleiro de Turismo, Xose Manuel Iglesias, reuniuse co vicepresidente da Deputación da Coruña e responsable de Turismo, Pablo Villamar, e cos xerentes dos plans de dinamización turística de Ferrol-Ortegal, Costa da Morte e Terras do Ulla-Tambre, e empresarios do sector. O obxectivo deste encontro era establecer liñas de colaboración en materia de promoción turística.
CULTURA
O baixo menorquín Simón Orfila inaugura o Festival Todo Lírica 2009
Co Nadal chega de novo Todo Lírica, un proxecto creado hai nove anos pola Concellaría de Cultura e a Asociación Galega da Lírica, e que dende a súa primeira edición, baixo o nome de Festival de Zarzuela de Santiago, xa deu exitosos froitos artísticos e de público. O ciclo segue o formato de recitais de voz e piano das anteriores edicións e constará nesta singular ocasión, ás portas do Ano Santo 2010, con cinco concertos.
CONSORCIO
Trinta e sete edificios da Cidade Histórica solicitaron axudas ao mantemento do programa "Ter é manter"
A Oficina da Cidade Histórica e Rehabilitación de Santiago recibiu 37 solicitudes para o mantemento de edificios na Cidade Histórica, unha vez pechado o prazo o 12 de decembro. Cómpre lembrar que en setembro, o Concello e o Consorcio de Santiago, dentro das súas políticas de recuperación urbana, iniciaron unha nova liña de axudas aos cidadáns para o mantemento de edificacións. Baixo o lema Ter é manter, púxose en marcha o "Programa de axudas ao mantemento da envolvente exterior e dos elementos...
EDUCACIÓN
Éxito dunha nova edición de Nadal de Danza
Numeroso público achegouse ao Teatro Principal para asistir a Nadal de Danza’09, organizado pola Concellería de Educación en colaboración coa Asociación Cultural Danza Stellae. 116 alumnas e 1 alumno de diferentes idades de catro centros escolares composteláns amosaron no escenario as súas habilidades a través de variadas coreografías.
ALCALDÍA
O Concello recoñece o posicionamento educativo e social de vangarda do Colexio Compañía de María
O Colexio Compañía de María acolleu o acto de entrega a este centro escolar da Medalla de Ouro ao Mérito Cidadá, outorgada polo Pleno municipal o 26 de novembro. A distinción premia o traballo realizado por esta institución ao longo de 250 anos de presenza en Santiago.
ALCALDÍA
Diversión para todos en Sar e Amio
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, inaugurou dúas citas tradicionais do Nadal en Compostela, Nadalxogo, no Multiusos do Sar, e a pista de xeo instalada no Recinto Feiral de Amio. A primeira das propostas estenderase ata o 27 de decembro, mentres que a pista de patinaxe estará aberta ata o 17 de xaneiro.
COMERCIO
Media Lúa, Andrómenas e Floristería Lilas, premiados na edición de Nadal do Concurso de Escaparatismo
O concelleiro de Promoción Económica, Emprego, Comercio e Turismo, Xosé Manuel Iglesias, presentou os comercios gañadores da Edición de Nadal do VI Concurso Municipal de Escaparatismo SCQ Shopping. O primeiro clasificado foi a tenda de marroquinería Media Lúa; o segundo, o estabelecemento de decoración Andrómenas; e o terceiro, Floristería Lilas.
ALCALDÍA
A rehabilitación da Casa do Cabildo iniciarase á volta do verán de 2010
Unha vez aprobado pola Comisión Asesora do Casco Histórico o anteproxecto de rehabilitación da Casa do Cabildo, a intención do Concello é que as obras se realicen a partir do outono de 2010, co obxectivo de que estean rematadas cara o verán de 2011. Así o anunciou o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, na súa rolda de prensa semanal.