PARTICIPACIÓN CIDADÁ
Primeira ruta gastronómica de "Coñecendo o país" para degustar o cocido de Lalín
O vindeiro domingo, 27 de febreiro, realizarase a primeira das visitas gastronómicas incluídas no programa Coñecendo o país, recentemente presentado pola Concellería de Participación Cidadá. O calendario de viaxes xa se abriu no capítulo do sendeirismo o pasado sábado, cunha ruta pola ribeira do río Ulla.
MEDIO AMBIENTE
O mercado "Entre lusco e fusco" trae obradoiros de repostería de Entroido
A Concellería do Medio Ambiente colabora coa I Feira de inverno do mercado "Entre lusco e fusco", organizada por Andaime e por colectivos de produtores, como Eirado, Lentura ou A Hortiña, que se celebra cada martes no parque de Belvís. Esta semana promoveranse os produtos propios da tempada de inverno e da próxima chegada do Antroido.
CIDADE HISTÓRICA
A páxina web de "Compostela 2021. A cidade intuída" difundirá as propostas do congreso
A concelleira da Cidade Histórica e Rehabilitación, Olga Pedreira, presentou a páxina web do congreso Compostela 2021. A cidade intuída, que dende o enderezo www.acidadeintuida.org informará de todo o relacionado con este evento. Durante a presentación do sitio web, a edil estivo acompañada por Javier Fernández, xefe de servizo da OCHiR e un dos coordinadores do congreso.
CIRCULACIÓN VIARIA
A primeira fase da implantación das áreas de estacionamento para residentes estará rematada antes do verán
A concelleira de Circulación Viaria, Marta Álvarez-Santullano, fixo balance da implantación das primeiras zonas de estacionamento de residentes en Pontepedriña, Vite e San Pedro. Anunciou ademais que esta primeira fase rematará antes do verán. As seguintes áreas reservadas en por en marcha serán A Almáciga, Ultreia, Sar, San Lourenzo, Pelamios, Vista Alegre e Santa Marta.
SEGURIDADE CIDADÁ
O Pleno recoñecerá o labor desempeñado pola Policía Local durante o Ano Santo
Con motivo da celebración do Patrón da Policía Local o vindeiro 5 de marzo, o Concello de Santiago realizará un recoñecemento a todos os policías municipais en conxunto pola dedicación e o traballado realizado durante o Xacobeo. Así mesmo, entregarase a Medalla do Corpo a catro membros a título particular. A proposta será aprobada previamente polo pleno da Corporación.
FESTAS
O prazo de inscrición para o desfile do martes de Antroido segue aberto ata o luns 7
A Concellaría de Xuventude e Festas prepara unha edición máis das Festas de Antroido. Con este motivo e na busca dun festexo o máis multitudinario e colorido posible, convida a asociacións, barrios, comunidades, colexios e persoas individuais a participar no desfile de carrozas e nos distintos concursos de disfraces do martes de Antroido, que nesta ocasión cae o 8 de marzo.
ALCALDÍA
Sánchez Bugallo afirma que se está traballando para "diversificar destinos e compañías" en Lavacolla
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, anticipou "sorpresas favorables e positivas" en relación coas conexións aéreas internacionais de Lavacolla. Será a vindeira semana cando se estuden as ofertas, se reúna a comisión reducida do órgano de seguimento do aeroporto e se tome unha decisión definitiva.
EMPREGO
Promoción Económica incentiva a inserción sociolaboral de desempregados en situación de risco ou exclusión social
O concelleiro de Promoción Económica e Emprego, Xosé Manuel Iglesias, e o presidente da Asociación Plataforma polo Emprego, Miguel Fernández, presentaron en rolda de prensa a Campaña de Difusión das Empresas de Inserción Laboral, que contempla un seminario dirixido a entidades de iniciativa social, unha charla dirixida ao movemento veciñal, unha exposición fotográfica e unha presentación co tecido empresarial e as organizacións sindicais. O investimento municipal desta campaña será de...
CULTURA
"Razas",de David Mamet, inaugura o programa Teatro en Xira no Auditorio
O mellor teatro que está a xirar pola Península pasará tamén por Compostela neste 2011: o teatro comercial de calidade, teatro clásico e tamén producións máis arriscadas. Todo isto grazas á programación anual de Teatro e Danza en Xira, que nesta ocasión trae seis espectáculos nos que prima a "calidade e a diversidade", en palabras da concelleira de Cultura, Socorro García Conde.
EDUCACIÓN
Os máis pequenos inícianse na música da man do proxecto "A familia redonda"
Os nenos e nenas da Escola Infantíl Municipal de Conxo participaron nunha sesión de sensibilización arredor da música, no marco do programa A familia redonda. A concelleira de Educación, Mercedes Rosón, achegouse ata o centro para observar a actividade.