PLENO
O Pleno aproba a baixada do IBI e a conxelación do resto de taxas en 2014
A Corporación municipal aprobou nun Pleno extraordinario as ordenanzas fiscais para o ano 2014. A principal novidade é a baixada do Imposto de Bens Inmobles (IBI), que permitirá o aforro dunha media de 19 euros en todo os recibos. Ademais, mantéñense conxeladas o resto de taxas e prezos públicos.
CENTROS SOCIOCULTURAIS
Centros Socioculturais e Ditea renden homenaxe a Agustín Magán
A Concellería de Centros Socioculturais e o grupo de teatro de cámara Ditea organizan, do 5 ao 9 de novembro, no Centro Sociocultural de Santa Marta, a Semana de Agustín Magán. Na sala que leva o seu nome, Agustín Magán será o protagonista dun calendario de actividades que inclúe unha representación teatral, obradoiros, unha mesa redonda, unha exposición e un acto de homenaxe.
XUVENTUDE
Santiago acolle a exposición dos finalistas de artes plásticas do certame "Xuventude Crea"
A concelleira de Xuventude, Rebeca Domínguez, acompañou o director xeral de Xuventude e Voluntariado, Ovidio Rodeiro, na inauguración da exposición dos traballos finalistas da modalidade de artes plásticas (fotografía, escultura e pintura) do certame Xuventude Crea, organizado pola Consellería de Traballo e Benestar. A mostra permanecerá aberta ao público ata o 14 de novembro na igrexa da Universidade.
CENTROS SOCIOCULTURAIS
Inaugúrase a exposición "Os cines de Compostela. Fotogramas da nosa historia"
O concelleiro de Centros Socioculturais, Francisco Noya inaugurará este martes 5 de novembro, as 20:30 horas, a exposición documental Os cines de Compostela. Fotogramas da nosa historia, producida dende o Departamento de Centros Socioculturais para o programa Compostela Cine Classics 2013. Estará no CSC das Fontiñas ata o 30 de novembro.
BENESTAR SOCIAL
Batallas de breakdance en Área Central
A concelleira de Benestar Social, María Castelao, asistiu ás Santiago Street Battles, nome que recibiu o II Campionato Galego de Breakdande na modalidade 1 vs 1, celebrado en Área Central. O evento, organizado polo Concello e Vella Escola, reuniu a competidores de diferentes puntos de Galicia.
FAMILIA
Xornada de lecer saudable, deporte e solidariedade no Multiúsos de Sar
Coincidindo co partido da novena xornada da Liga Nacional de Fútbol Sala que enfrontou ao Santiago Futsal co Jaén Paraíso Interior, viviuse no Multiúsos Fontes do Sar a II Festa da Familia, organizada polo club compostelán en colaboración coa Concellería de Familia e Benestar Social. Foi tamén unha xornada solidaria, na que recolleron doazóns para a campaña Xuntos Podemos.