COMERCIO
Expertos debaten en Santiago sobre a influencia do comercio e do turismo na xeración de emprego nas cidades
A concelleira de Comercio, Reyes Leis, asistiu no Hostal dos Reis Católicos á inauguración do VII Congreso Turismo e comercio, a súa influencia no mantemento e xeración de emprego nas cidades de España, de Compostela Monumental.
TURISMO
Inicio do concurso Santiago(é)Tapas en 66 establecementos hostaleiros da cidade
O alcalde compostelán, Ángel Currás; a concelleira de Turismo, Reyes Leis, e varios concelleiros participaron no comezo do programa Santiago(é)Tapas. No concurso, que se desenvolverá do ata o 24 de novembro, participan 66 establecementos, que ofrecen 109 petiscos.
URBANISMO
O Concello substituirá os elementos de xogo do parque de Ponte Pereda
Os concelleiros María Pardo e Luis Meijide visitaron o parque de Ponte Pereda coa Asociación de Veciños Conxo Aberto. Xuntos inspeccionaron varias zonas deste espazo verde nas que se realizarán melloras en breve e que eran unha vella demanda do barrio.
VÍAS E OBRAS
En marcha as obras en Pontepedriña, Lamas de Laraño, Casas Novas, Fontiñas e Viso
O concelleiro da Brigada de Vías e Obras e Xestión Ordinaria de Servizos Básicos, Juan de la Fuente, informou sobre as obras en marcha nestes intres nos barrios e sobre outras a piques de comezar. Trátase de actuacións en nove sectores da cidade, ás que se destinarán case 400.000 euros, que se suman a outras obras xa executadas, para totalizar 531.279 euros.
SEGURIDADE CIDADÁ
A tromba de auga de 20 minutos da noite do xoves desencadeou inundacións en varias rúas e inmobles e desvíos de tráfico
O concelleiro de Mobilidade e Seguridade Cidadá, Luis Bello, acompañado polo xefe da Policía Local, Norberto Villaverde, e polo xefe dos Bombeiros, José Ramón Sánchez, fixo balance das actuacións de emerxencia realizadas con motivo da tromba de auga caída na noite do xoves, entre as 10:50 e as 23:10 horas. Durante eses 20 minutos rexistráronse 78 litros por metro cadrado.
CULTURA
Fernando Franco e Marian Álvarez presentarán "La herida" en Cineuropa
Este sábado chega unha das citas máis relevantes deste Cineuropa 2013. O cineasta Fernando Franco presentará no Teatro Principal, ás 20:00 horas, o seu filme La herida, que levou filme o Premio do xurado á mellor película este ano en San Sebastián. Estará acompañado pola actriz protagonista do mesmo, Marian Álvarez, que vén de gañar tamén en San Sebastián a Concha de Prata e é firme candidata a conseguir o Goya por este mesmo filme, que está a colleitar grandes...
DEPORTES
Entregados os Premios á Xestión Deportiva
O alcalde compostelán, Ángel Currás, e o concelleiro de Deportes, Adrián Varela, asistiron á gala dos IV Premios Galicia á Xestión Deportiva, promovidos pola Asociación Galega de Xestores Deportivos (AGAXEDE).
CULTURA
Dúas novas citas do Compostela Rock: Freedonia & The Sweet Vandals e Youth Lagoon
Fin de semana de rock na Sala Capitol en colaboración co Festival Sinsal Outono e dentro do ciclo Compostela Rock. As citas son con Freedonia & The Sweet Vandals e Youth Lagoon.
CIDADES PATRIMONIO
Unha instantánea da Catedral obtén o 2º premio do Concurso de Fotografía nas Redes Sociais do Grupo de Cidades Patrimonio
O Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade de España deu a coñecer, tras a reunión da súa Comisión de Cultura e Educación, celebrada en Alcalá de Henares, os nomes dos gañadores da primeira edición do Concurso de Fotografía nas Redes Sociais convocado con motivo da celebración do 20º aniversario da asociación.
SOSTIBILIDADE
María Pardo reitera a determinación do Goberno municipal para impulsar medidas de eficiencia enerxética
O edificio Cersia acolle o II Congreso Galego de Xestores Enerxéticos. A concelleira de Sostibilidade, María Pardo, que participou no acto inaugural da xornada, deu conta da determinación do Concello de Santiago por impulsar medidas de eficiencia enerxética como estratexia para unha xestión máis eficaz dos recursos públicos e de mellora da calidade de vida dos cidadáns.