DEPORTES
O I Mini DH Cidade de Santiago achega o descenso en bicicleta aos máis pequenos
A Granxa do Xesto acollerá o sábado 7 de setembro o I Mini DH Cidade de Santiago. Uns 80 corredores de idades comprendidas entre os 6 e os 14 anos participarán nesta proba de descenso en bicicleta, organizada polo Club Ciclista Santiago DH e que conta coa colaboración do Departamento Municipal de Deportes.
ECONOMÍA
O edificio municipal Cersia acolle o obradoiro "Dirixir con eficacia"
A Concellería de Economía, dentro do programa Santiago Investors Support para fomentar o tecido empresarial e a cultura emprendedora da cidade, organiza o obradoiro "Dirixir con eficacia", dirixido a persoas emprendedoras, traballadores en activo do tecido empresarial de Santiago, persoas desempregadas e estudantes.
XUNTA DE GOBERNO
A Xunta de Goberno adxudica a xestión das escolas infantís de Conxo e Fontiñas
A Xunta de Goberno, na súa sesión ordinaria, adxudicou a xestión das escolas infantís municipais de Conxo e Fontiñas. Ademais, abriuse o procedemento para contratar ao mantemento do túnel do Hórreo.
XUVENTUDE
A Concellería de Xuventude informa sobre o seu programa de intercambio lingüístico aos novos estudantes estranxeiros da USC
A concelleira de Xuventude, Rebeca Domínguez, participou no acto de benvida aos estudantes estranxeiros que se incorporan este curso á USC, organizado na Facultade de Xeografía e Historia pola Vicerreitoría de Relacións Exteriores e Internacionalización. Grazas a un stand instalado na Facultade de Xeografía e Historia, o Departamento de Xuventude informou a estes novos alumnos sobre o programa de intercambio lingüístico Busco parella…lingüística, posto en marcha polo Concello en colaboración coa USC.
EMPREGO
O paro baixou en Santiago en 127 persoas no mes agosto, a mellor cifra dos últimos anos
O número de persoas rexistradas no paro en Santiago descendeu en 127 persoas durante o mes de agosto, a mellor cifra en termos absolutos que se dá na cidade dende polo menos o ano 2005, segundo os datos publicados polo Ministerio de Emprego. Tradicionalmente, agosto é un mes no que se produce un aumento no número de persoas rexistradas no paro na cidade. Dende o ano 2005 só descendeu en tres ocasións: os anos 2013, 2012 e 2006. Incluso aumentou no mes de agosto do Ano Santo 2010, malia ao impacto da celebración no sector turístico.
CENTROS SOCIOCULTURAIS
O Centro Sociocultural e Xuvenil do Ensanche acolle unha mostra sobre as estatuas de Compostela
O Centro Sociocultural e Xuvenil Municipal O Ensanche acolle dende hoxe, 4 de setembro, ata o dia 26, a exposición de debuxo Longa vida de pedra, producida polos alumnos da Escola de Arte Mareira e organizada por Mareiras Spazodarte (www.mareiras.com). Esta mostra componse de bosquexos e debuxos dos alumnos da Escola sobre as estatuas de Compostela.
SOSTIBILIDADE
O Centro de Interpretación Ambiental de Compostela prepara novas actividades
O Centro de Interpretación Ambiental de Compostela (CIAC), situado no antigo curtidoiro de Belvís, prepara novas actividades a partir destes outono, tanto para centros educativos como para os cidadáns de Santiago en xeral. Ao longo deste mes de setembro pecharase un programa que incluirá visitas escolares, obradoiros de agricultura ecolóxica ou roteiros, entre outras actividades.
CULTURA
Williams, Gilchrist, Watts e Vignoles, na XIV edición do Ciclo de Lied
O alcalde compostelán, Ángel Currás, e o director-xerente do Auditorio de Galicia, José Víctor Carou, presentaron en rolda de prensa a XIV edición do ciclo de Lied que se celebra na cidade do 17 ao 24 de setembro. Este ano farase baixo o epígrafe de "Centenario Britten: A Canción Inglesa no século XX" e nel contaremos co barítono Roderick Williams, o tenor James Gilchrist e a soprano Elizabeth Watts. Todos acompañados, como é habitual, polo pianista Roger Vignoles, alma do ciclo e que dará...
FESTAS
Raphael agasallou ao público que encheu a Quintana cunha gran noite musical
Raphael volveu a Santiago tras o aprazamento do seu concerto das Festas do Apóstolo por mor do tráxico accidente ferroviario de Angrois. O público respondeu enchendo a praza da Quintana e o artista agasallouno cunha gran noite musical.
EDUCACIÓN
Corenta nenos e nenas participan na edición de setembro do Programa de Conciliación
A concelleira de Educación, María Castelao, visitou a edición de setembro do Programa Municipal de Conciliación, que se celebra do 2 ao 10 de setembro no CEIP As Fontiñas. Uns 40 nenos e nenas participan nas actividades, agrupadas baixo o título Aventura no pequeno planeta.