MEDIO AMBIENTE

O Centro de Interpretación Ambiental de Compostela organiza un magosto ambiental

14/11/2013

O Centro de Interpretación Ambiental de Compostela (CIAC) continúa coa súa actividade en novembro. Ademais de recibir a centros escolares cada semana, o CIAC organiza actividades para a cidadanía en xeral as fins de semana. Así, o sábado 16 de novembro celebrarse un magosto no que se degustarán as tradicionais castañas asadas e se realizarán actividades ambientais vinculadas á nosa cidade, con especial atención ao tema dos residuos.

Leer más

ALCALDÍA

O alcalde destaca o papel da enfermería na humanización da medicina

14/11/2013

O alcalde compostelán, Ángel Currás, asistiu no Auditorio Novagalicia Banco á inauguración das Xornadas Nacionais de Enfermería, que se celebran en Santiago os días 14 e 15 de novembro. O lema do evento, "Camiñando xuntos, compartindo experiencias", quere honrar o Camiño de Santiago, loar a integración dos profesionais dos diferentes niveles asistenciais e propiciar a comunicación das mellores prácticas entre os profesionais das distintas xerencias.

Leer más

CULTURA

Jorge Tur e Jordi Cadena presentan os seus filmes na xornada do venres en Cineuropa

14/11/2013

Ata 18 sesións de cinema na xornada do venres 15, que vén cargada de citas interesantes. Jorge Tur e Jordi Cadena presentarán os seus filmes Dime quien era Sanchicorrota e La por no Salón Teatro ás 18:00 e 20:00 horas, respectivamente. E tamén contaremos coa presenza de Iván Castiñeiras, Clara Sobrino, David Castro e Carla Fernández Aguirre presentando os seus traballos na sección de Panorama Audiovisual Galego.

Leer más

URBANISMO

A concelleiras de Urbanismo e de Benestar Social explicaron a experiencia compostelá en accesibilidade nos espazos públicos

13/11/2013

As concelleiras de Urbanismo, María Pardo, e de Benestar Social, María Castelao, asistiron á inauguración do curso técnico sobre "Accesibilidade universal aplicada", organizado polo Colexio de Enxeñeiros de Camiños, Canais e Portos de Galicia e que se celebra na Escola Galega de Administración Pública (EGAP). Nas súas intervencións, as concelleiras explicaron a experiencia municipal en accesibilidade nos espazos públicos.

Leer más

CONSORCIO

A nova sede do Museo das Peregrinacións e de Santiago recibe o premio da XII Bienal Española de Arquitectura

13/11/2013

A rehabilitación do antigo Banco de España como sede do Museo das Peregrinacións e de Santiago foi galardoada na última edición da Bienal Española de Arquitectura e Urbanismo, correspondente ao bienio 2011-2012. Os premios entréganse este xoves, 14 de novembro, no Centro de Creación Contemporánea "Matadero" de Madrid, ás 18:30 horas. Coincidindo coa entrega dos galardóns, inaugurarase unha exposición itinerante con todas as obras premiadas. O certame é unha iniciativa do Ministerio de Fomento,...

Leer más

CULTURA

Funboa Escénica propón outras catro funcións de "Sigue buscando"

13/11/2013

Despois das catro funcións da semana pasada, teremos outras catro de Sigue buscando con Funboa Escénica. Será dende este xoves e ata o domingo 17 ás 20:30 horas, a excepción do domingo, que é ás 19:30 horas. O prezo para as funcións é de 8 euros, a excepción do xoves, día do espectador, que é a 6 euros. As entradas poden mercarse na billeteira do Teatro Principal e na propia Zona C os días de evento.

Leer más
Compartir: