ALCALDÍA

O alcalde e o conselleiro de Cultura e Educación visitaron as obras de restauración do campanario de San Martiño Pinario

06/02/2015

O alcalde de Santiago, Agustín Hernández, e o conselleiro de Educación e Cultura, Jesús Vázquez, visitaron o mosteiro de San Martiño Pinario, onde xa comezaron as obras de restauración do seu campanario. Deste xeito dáse cumprimento ao compromiso adquirido co Concello de Santiago o pasado mes de setembro, cando se acordara executar tanto estas obras como as de ampliación do CEIP Monte dos Postes.

Leer más

ALCALDÍA

Agustín Hernández destaca o compromiso do Colexio de Avogados de Santiago na defensa do mantemento das sedes xudiciais na cidade

06/02/2015

O alcalde de Santiago, Agustín Hernández, asistiu aos actos organizados polo Colexio de Avogados de Santiago con motivo da festividade de San Raimundo de Peñafort. No acto, celebrado no salón nobre do Pazo de Fonseca, entregáronse as Medallas de Ouro do Colexio ao avogado Xosé Seoane e ao xuíz Luís Aláez, e o VI Premio de Dereitos Humanos ao xornalista Nacho Mirás.

Leer más

CULTURA

Teatro, humor, música e programación infantil para esta fin de semana

06/02/2015

A programación cultural para esta fin de semana ofrece sete citas de seis espectáculos diferentes. Na xornada do sábado poderemos asistir no Teatro Principal á última función de Bobas & Galegas. Mofa e Befa no Século de Ouro, dentro do Bono de Teatro Galego e Portugués, e teremos, tamén dentro deste Bono, Falándolle a un espello, con Diego Freire, na Zona C. Ademais, Pablo Chiapella ofrece no Auditorio Abanca o seu espectáculo Sí, soy el señor no ciclo Falabaratos, e co...

Leer más

CULTURA

María Castellanos, seleccionada para expoñer en La New Fair, en Madrid

06/02/2015

María Castellanos acaba de clausurar a intervención Lo real na Zona C (Bonaval, 1) como resultado de ter gañado o segundo premio Auditorio de Galicia para novos artistas na convocatoria de 2013, coa instalación interactiva Imaxe virtual. Esta peza, que indagaba sobre a percepción, foi seleccionada para ser exposta en La New Fair entre máis de 450 dossieres dos que se seleccionaron 25 artistas e onde se amosa a arte máis emerxente e actual. La New Fair celébrase os días 26 e 27 de febreiro en La...

Leer más

COMERCIO

Aberta a II Feira de Antigüidades de Santiago

06/02/2015

A concelleira de Comercio, Reyes Leis, asistiu no Palacio de Congresos e Exposición de Galicia á apertura da II Feira de Antigüidades de Santiago de Compostela, que se celebra dende este venres ata o domingo. 40 expositores de España e de varios países europeos participan neste evento, no que se amosan e se poñen á venda máis de 40.000 pezas.

Leer más

CONSORCIO

O Consorcio colaborará con diversas entidades culturais da cidade, ás que achegará un total de 780.000 euros en 2015

05/02/2015

O Consorcio de Santiago celebrou a súa Comisión Executiva, presidida polo alcalde da cidade e presidente do organismo, Agustín Hernández. Entre os temas abordados, aprobáronse convenios con diversas entidades, na súa maioría con fins culturais. Tamén se deu conta dos programas de monumentos, exposicións e publicacións do Consorcio para este ano. E aprobáronse as bases de acceso ao curso de posgrao da Escola de Altos Estudos Musicais para o curso académico 2015-2016.

Leer más

DESENVOLVEMENTO URBANO SOSTIBLE

O Concello repón muros en varias rúas do barrio das Fontiñas

05/02/2015

A concelleira de Desenvolvemento Urbano Sostible, Teresa Gutiérrez, e o edil de apoio desta área, Luis Meijide, visitaron o barrio das Fontiñas, onde o Concello acometeu a reposición de muros nas rúas de Bruxelas, Londres e Roma. A actuación incluíu tanto a reparación dos tramos de muro deteriorados como a recomposición das beirarrúas e a mellora dos sistemas de drenaxe.

Leer más

ALCALDÍA

Concello e Xunta compartirán infraestruturas de telecomunicacións para aforrar ata o 80% do custo total da implantación de novas redes

04/02/2015

O alcalde de Santiago, Agustín Hernández, e a directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), Mar Pereira, asinaron un convenio para o aproveitamento recíproco das infraestruturas e instalacións de ambas administracións e para o desenvolvemento de redes de telecomunicacións no municipio. O Concello dá así un paso máis no impulso da innovación como un dos eixes estratéxicos no desenvolvemento da cidade. Este labor xa é recoñecido por entidades externas, como o...

Leer más

DESENVOLVEMENTO URBANO SOSTIBLE

A praza do Matadoiro converterase nun balcón ao parque de Belvís e nunha atractiva e accesible entrada a este espazo verde

04/02/2015

A concelleira de Desenvolvemento Urbano Sostible, Teresa Gutiérrez, presentou o proxecto de reurbanización da praza do Matadoiro. Tras a demolición da Casa da Xuventude e executada este intervención, este espazo converterase nun atractivo e accesible punto de entrada ao parque de Belvís e tamén nun balcón dende o que divisar este espazo verde.

Leer más
Compartir: