CULTURA
Cultura convoca o V Premio Auditorio de Galicia para novos artistas
O concelleiro de Cultura, Néstor Rego, e o director xerente do Auditorio de Galicia, Pablo Rodríguez, presentaron a quinta edición do Premio Auditorio de Galicia para novos artistas. Como novidades desta edición, hai que resaltar o aumento nas contías económicas dos premios, así como que a obra gañadora será exposta, ademais de na sala de exhibición Isaac Díaz Pardo do Auditorio, na sede da Fundación Feima en Madrid.
CULTURA
O espírito do lume trasládase a Sar da man da ópera monumental "Aída"
O 12 de maio, o Multiusos Fontes do Sar converterase en escenario da representación da ópera "Aída", de Giuseppe Verdi. Despois do paso de "Carmina Burana", chega a Compostela outro monumental espectáculo, que pretende satisfacer aos amantes da ópera, pero tamén atraer a un novo público non familiarizado con este xénero musical.
CENTROS SOCIOCULTURAIS
Os centros socioculturais acollerán máis de 300 actividades de abril a xuño
A concelleira de Centros Socioculturais, Guadalupe Rodríguez, presentou a programación trimestral da Rede de Centros Socioculturais. Os 42 equipamentos que forman esta rede acollerán de abril a xuño máis de 300 actividades do máis diverso.
MOCIDADE
"Fest@ctiva 2007" ofrece aos mozos unha alternativa lúdica e formativa
O Centro Sociocultural do Ensanche e a Praza Roxa acollerán as actividades de "Fest@activa 2007", unha iniciativa dirixida aos mozos como unha alternativa que conxuga o tempo libre e o lecer.
TURISMO
A Film Comission compostelá participa no Locations Trade Show de Santa Mónica
A Santiago de Compostela Film Commission participará, entre os días 12 e 14 de abril, na feira Locations Trade Show en Santa Mónica (California), para promover á cidade ante máis de 3.400 localizadores e produtores do mundo.
URBANISMO
Máis de 17 millóns de euros para a urbanización dos novos polígonos industriais de Formarís e da Costa Vella
A Empresa Municipal de Vivenda e Solo (Emuvissa) investirá máis de 17 millóns de euros na urbanización dos máis de 400.000 metros cadrados de solo industrial dos polígonos 37.3 (Costa Vella) e 38 (Formarís). A Xunta de Goberno local aprobou estes proxectos de urbanización, presentados xa polo alcalde. Este investimento inclúe tamén a construción dunha rotonda de paso elevado.
TURISMO
Francisco Candela: "As expectativas turísticas desta Semana Santa superáronse amplamente"
O concelleiro de Turismo, Francisco Candela, valorou "moi positivamente" os resultados turísticos da Semana Santa en Compostela. "As expectativas de Turismo de Santiago superáronse amplamente", indicou sobre un período no que acompañou o bo tempo.
MOCIDADE
Os novos grupos musicais de Santiago amosan o seu traballo
A Concellaría de Educación e Mocidade organiza un ciclo de concertos no que os protagonistas serán os novos grupos que ensaian nos locais municipais de música. As actuacións terán lugar os días 13 e 27 de abril e o 5 e o 11 de maio. A entrada é de balde.
INFRAESTRUTURAS
Obras en Moas de Arriba (Figueiras)
O Goberno local adxudicou as obras de acondicionamento dos terreos públicos do lugar de Moas de Arriba, na parroquia de Figueiras. Esta actuación suporá un investimento de 59.000 euros.
RELACIÓNS VECIÑAIS
Asignadas 40 viaxes culturais por Galicia para as entidades veciñais
A Xunta de Goberno local aprobou o calendario de viaxes da convocatoria "Coñecendo o País". Esta iniciativa, á que se destinan 24.000 euros, permitirá ás entidades veciñais a realización dun total de 40 viaxes culturais por Galicia.