XUVENTUDE
Galicia e Polonia, unidas por un proxecto europeo en torno ao Camiño
O alcalde compostelán, Ángel Currás, e os concelleiros Rebeca Domínguez, Francisco Noya e Amelia González recibiron os participantes no proxecto Comenius Regio, cofinanciado polo Programa de Aprendizaxe Permanente da Unión Europea, no que están involucrados administracións, escolas e organizacións de Polonia e España. A participación de Santiago neste programa corre a cargo da Escola de Tempo Libre Don Bosco.
CENTROS SOCIOCULTURAIS
"Vive o verán!" programa 20 actividades de tempo libre diferentes nos CSC
O concelleiro de Centros Socioculturais e Participación Cidadá, Francisco Noya, presentou Vive o verán! 2013, un programa que pretende achegar ás familias de Compostela unha oferta de lecer sociocultural adaptada ao tempo do verán, en clave de actividades de tempo libre, gozando dos espazos naturais, rurais e urbanos de Compostela. Este ano o proxecto abrangue 20 actividades diferentes do 1 de xuño ao 28 de setembro, nas que se agradan uns 4.000 participantes.
CULTURA
Concerto dos alumnos e alumnas do Curso Avanzado de Especialización Orquestral da Escola de Altos Estudos Musicais
O mércores 12 de xuño, os alumnos e alumnas do Curso Avanzado de Especialización Orquestral da Escola de Altos Estudos Musicais (EAEM), acompañados por membros da Real Filharmonía de Galicia e dirixidos por Maximino Zumalave, interpretarán obras de Bach, Vivaldi e Mozart. Será ás 20:30 horas no Teatro Principal. Esta será a penúltima cita do ciclo Novas Orquestras.
COMERCIO
Ábrese a inscrición no programa comercial "Sensación-all Compostela 13"
O programa de dinamización comercial Sensación-all Compostela 13, o teu comercio está de moda, promovido pola Concellaría de Comercio en colaboración coa Dirección Xeral de Comercio da Xunta de Galicia e coa Fundación Cidade da Cultura na cesión de infraestrutura para o desfile, ofrecrá para Santiago vivir unha semana de moda e, para os comercios participantes, a posibilidade de ter un Look Book promocional do seu establecemento, así como a participación no desfile final que se celebrará na.../em>
XUVENTUDE
Un programa de voluntariado medioambiental permitirá rehabilitar a carballeira do lugar de Tarrío (O Carballal)
A concelleira de Xuventude, Rebeca Domínguez, mantivero unha reunión en Raxoi con representantes da Igaxes3 e Don Bosco, cos que falou sobre o programa de voluntariado medioambiental posto en marcha polo Concello en colaboración con estas dúas entidades.
FESTAS
Raphael dará en Santiago o seu único concerto en Galicia este verán dentro da súa xira "Mi gran noche"
O concelleiro de Festas, Francisco Noya, e Raquel Seijo, da produtora Sweet Nocturna, presentou o concerto que Raphael ofrecerá o 30 de xullo, ás 22:30 horas, na praza da Quintana, dentro do programa das Festas do Apóstolo. Esta actuación será a única que o artista ofreza en Galicia este verán, dentro da súa xira Mi gran noche.
TURISMO
Turismo de Santiago quere aproveitar as conexións aéreas con Asia para promover rutas polas Cidades Patrimonio
A concelleira de Turismo, Reyes Leis, deu conta dalgúns dos acordos adoptados polo Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade de España na súa última Asemblea Xeral, celebrada en Córdoba. Entre os mesmos destaca unha proposta de Santiago para elaborar rutas turísticas aproveitando as novas conexións aéreas con Asia.
ALCALDÍA
A Policía Local de Santiago conta agora con cinco inspectores principais
O alcalde compostelán, Ángel Currás, e o concelleiro de Seguridade Cidadá, Luis Bello, recibiron os novos mandos da Policía Local unha vez concluído o curso de formación na Academia Galega de Seguridade (tres inspectores principais, catro inspectores e dous oficiais).
EDUCACIÓN
O campus de cociña CompHostelería fomentará unha conciencia de alimentación saudable entre os máis pequenos
As instalacións de Hostalería Compostela acolleron a presentación do material promocional para o Campus de Cociña Infantil CompHostelería. No acto, presidido polo secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, e pola concelleira de Normalización Lingüística, Rebeca Domínguez, deuse conta das actividades que desenvolverán os nenos que se inscriban durante este mes no curso.
TURISMO
As Cidades Patrimonio de España poñen en marcha un proxecto pedagóxico de intercambio de alumnos
O alcalde compostelán, Ángel Currás, e a concelleira de Turismo, Reyes Leis, participaron na Asemblea Xeral do Grupo Cidades Patrimonio da Humanidade de España, máximo órgano de goberno da entidade, celebrada en Córdoba, no Salón dos Mosaicos do Alcázar dos Reinos Cristiáns. Á reunión asistiron alcaldes e concelleiros das 13 cidades membros desta entidade sen ánimo de lucro que ten como obxectivo primordial é a defensa e promoción do seu patrimonio cultural, recoñecido pola UNESCO...