TURISMO

Concello, Renfe e Hostalería colaborarán en accións de promoción turística de Santiago e de fomento das viaxes en tren á cidade

10/01/2014

Celebrouse en Raxoi o acto de sinatura do convenio de colaboración entre Turismo de Santiago, Renfe e a Asociación Provincial de Hostalería e Hospedaxe, co obxecto de realizar accións de marketing e comercialización para potenciar o posicionamento de Santiago como destino turístico e fomentar as viaxes en tren á cidade dende os principais mercados turísticos. Asistiron a ministra de Fomento, Ana Pastor; o alcalde compostelán, Ángel Currás; a concelleira de Turismo, Reyes Leis; os presidentes de Hostalería,...

Leer más

ALCALDÍA

Inauguración este domingo en Vista Alegre da praciña Saxo Tenor

09/01/2014

O alcalde compostelán, Ángel Currás, presidirá o vindeiro domingo, 12 de xaneiro, ás 12:00 horas, o acto de inauguración da praciña Saxo Tenor, no barrio de Vista Alegre, en memoria de Roberto Vidal Bolaño. Dáse así cumprimento ao acordo unánime da Corporación adoptado no Pleno do 28 de novembro de 2013, polo que se designaba co nome desta obra -unha das máis emblemáticas do dramaturgo compostelán- esta praza, situada a carón da casa onde vivira.

Leer más

CULTURA

Vinte e catro espectáculos teatrais, repartidos en 60 funcións, no primeiro semestre de 2014

09/01/2014

Comeza unha nova temporada de teatro cunha variada oferta que inclúe tres estreas absolutas e con protagonismo das compañías galegas e de importantes compañías nacionais. Teatro de autor, comedias, dramas e dous grandes clásicos nos escenarios do Teatro Principal, Zona C, Sala Agustín Magán e Auditorio Novagalicia Banco. As entradas para todos os espectáculos están xa á venda na billeteira do Teatro Principal e para case todos tamén se poden mercar en 678910111213141516171819202122232425262728293031