PERSOAL

O Concello sube o soldo un 1% ao persoal municipal

27/07/2017

O Concello de Santiago vén de aprobar unha suba salarial a todo o persoal municipal do 1% unha vez que entraron en vigor os orzamentos xerais do Estado, que recollen este incremento na retribución do funcionariado público.

Leer más

MANTEMENTO E OBRAS

Novo pulo ás obras de mantemento da rede viaria

27/07/2017

O concelleiro de Medio Rural, Mantemento e Obras para o Reequilibrio Territorial deu conta hoxe do inicio dun novo paquete de actuacións na rede viaria de Santiago, tanto no ámbito urbano como no rural. Trátase de obras que, ou ben están incluídas no gran contrato de mantemento do Concello, ou ben son financiadas a través dos diferentes plans da Deputación da Coruña.

Leer más

FESTAS

O espectáculo "Chané na Habana" chega a Santiago

27/07/2017

Un grande espectáculo musical galego-cubano recordará o compositor José Castro González "Chané", no centenario do seu pasamento. O Alejandro Vargas Consort e a Camerata Egeria súmanse á voz de Rosa Cedrón para ofrecer unha revisión das obras deste compositor compostelán de fonda pegada na historia da música galega.

Leer más

FESTAS

A Banda Municipal colabora con Emilio Rúa e Treixadura nos seus próximos concertos das festas do Apóstolo

26/07/2017

O alcalde, Martiño Noriega, presentou hoxe os próximos concertos que ofrecerá a Banda Municipal de Música no marco da programación do Apóstolo, e nos que a formación contará coa colaboración doutros grandes artistas e músicos do país. Así, a Banda estará acompañada mañá xoves na praza de Praterías polo cantautor Emilio Rúa, e o domingo 30 subirá ao escenario da Quintana con Treixadura e Cantigas e Agarimos.

Leer más
Compartir: