RÉXIME INTERIOR
Aprobados os modelos de declaracións de bens e de causas de incompatibilidade
Os tres grupos municipais deron o seu voto favorable aos modelos das declaracións de intereses patrimoniais, causas de posible incompatibillidade e actividades dos membros da Corporación e do persoal directivo municipal.
MEDIO AMBIENTE
As hortas municipais compatibilizarán o lecer dos maiores co aproveitamento do espazo público
O Pleno municipal aprobou inicialmente o proxecto da ordenanza que fixará os criterios de acceso e de utilización das hortas municipais de uso público. Unha parcela en Belvís será a primeira na que a Concellería de Medio Ambiente poña en marcha esta singular iniciativa.
CONSORCIO
A Real Filharmonía de Galicia participa no Festival Musika-Música de Bilbao
Os días 1 e 2 de marzo, a Real Filharmonía estará en Bilbao, para ofrecer tres concertos monográficos sobre Schubert no Palacio Euskalduna, no marco do Festival Musika-Música. Para a ocasión, a formación santiaguesa ten preparado tres programas diferentes que inclúen as oberturas ás óperas Fierrabras e Rosamunde, así como as Sinfonías número 7 ("Inacabada") e número 8 ("A Grande").
PLENO
O Pleno aproba a concesión de catro distincións a proposta da Policía Local
O sábado 1 de marzo, a Policía Local celebra o seu patrón, o Santo Anxo da Garda. Neste marco, entregarase a Medalla do Corpo a catro integrantes dos corpos de seguridade, en recoñecemento á "súa conduta exemplar durante a súa vida profesional". O Pleno aprobou por unanimidade a concesión destas distincións.
AUDITORIO
Concerto didáctico da cantante e gaiteira Mercedes Peón
Dentro do ciclo Concertos Didácticos, o Auditorio de Galicia ofrecerá o luns 31 de marzo, ás 11:00 horas, o concerto Dende o noso ao teu, de Mercedes Peón.
EDUCACIÓN
A ludoteca Troularte percorre as cinco escolas rurais de Compostela
A concelleira de Educación, Guadalupe Rodríguez, presentou o plan de dinamización das escolas rurais de Compostela, realizado a través da ludoteca itinerante Troularte, da que se encarga o colectivo Xandobela. Este programa de animación sociocultural está dirixido a nenos e nenas de idades comprendidas entre os 6 e os 12 anos.
CULTURA
Unha nova exposición recolle a evolución da banda deseñada en Galicia dende os 70
A exposición A historieta galega 1973-2008 amosará, do 6 de marzo ao 8 de xuño, a traxectoria da banda deseñada en Galicia dende os anos 70 ata a actualidade. Artistas como Xaquín Marín, Eduardo Galán, Pepe Barreiro, Miguelanxo Prado, Carlos Portela ou Emma Ríos, entre outros exhibirán as súas obras grazas a unha iniciativa que chega acompañada de diversas actividades e clases maxistrais. A mostra estará na Sala Isaac Díaz Pardo, do Auditorio de Galicia.
PROMOCIÓN ECONÓMICA
O "Estatístico 2006/2007" traza unha radiografía do próspero presente da cidade
O concelleiro de Promoción Económica, Emprego, Comercio e Turismo, Xosé Manuel Iglesias, presentou o Estatístico 2006/2007, do que se editaron 1.000 exemplares e se fixeron 500 copias en lápiz electrónico. O estudo recolle 5.000 mil datos, distribuídos en quince capítulos e dispoñibles en formato electrónico na páxina web da Concellaría www.maiscompostela.org.
CONSORCIO
Unha escolma de poemas trae á memoria á Rosalía de Castro máis compostelá
Dentro dos actos conmemorativos do 171 aniversario do nacemento de Rosalía de Castro, o Consorcio de Santiago e Alvarello Editora, en colaboración coa Fundación Rosalía de Castro, veñen de editar "Versos a Compostela". A obra é a primeira escolma dos poemas de escritora nos que a cidade do Apóstolo se converte nun referente lírico e vital dentro da súa obra.
MOBILIDADE
A páxina web municipal axilizará as solicitudes de paso e parada
Unha nova ferramenta informática facilitará que calquera cidadán poida facer a súa solicitude de paso e parada a través da páxina web municipal. Cun simple clic, accederase a un sinxelo formulario que permitirá xestionar a petición dende a Concellería de Mobilidade.