CIDADES PATRIMONIO

O Grupo de Cidades Patrimonio acorda propoñer aos seus gobernos autonómicos estreitar a colaboración

04/07/2022

Durante a Asemblea, celebrada a pasada fin de semana en Salamanca, os membros do Grupo analizaron o estado dos proxectos do Plan Impulsa Patrimonio e da Plataforma de Turismo Intelixente. Tamén se fixo balance do primeiro semestre do ano e se avanzou na programación do seguinte e na celebración do 30 aniversario do GCPHE en 2023. O concelleiro de Turismo de Santiago, Sindo Guinarte, tamén estivo presente na xuntanza.

Leer más

PLENO

O Pleno aproba a modificación puntual do Plan Parcial do SUP-1, nos quinteiros 1 e 2 de Romero Donallo

04/07/2022

O Pleno acordou hoxe a aprobación definitiva da modificación puntual do Plan parcial do SUP-1 de Romero Donallo nos quinteiros 1 e 2, que supón unha reordenación dos volumes neses dous ámbitos. Tamén se deu luz verde ao Estudo de detalle do quinteiro 6 do mesmo proxecto, así como ao Plan parcial de ordenación do SUND-8 en Monte de Vidán. Durante a sesión de hoxe tamén aprobou, por unanimidade, o V Plan Municipal de Igualdade do Concello.

Leer más

XUNTA DE GOBERNO

A Xunta de Goberno aproba o II Plan de Contratación, que recolle 150 contratos cun valor estimado de 684 millóns de euros

04/07/2022

A Xunta de Goberno local deu luz verde ao II Plan de Contratación, que inclúe 150 contratos cun valor estimado total de 683.937.482,12 euros. Foi un dos asuntos máis destacados da primeira sesión ordinaria do mes de xullo, na que tamén se aprobou o expediente para a realización das obras de reacondicionamento da plataforma da marquesiña de Xoán XXIII.

Leer más
Compartir: