TURISMO

Santiago promociónase como destino de eventos profesionais nos mercados belga e holandés

28/06/2022

O Santiago de Compostela Convention Bureau (SCCB), servizo de Turismo de Santiago para a promoción de Santiago como destino de Congresos, participou do 24 ao 26 de xuño en Vitoria nunha xornada de promoción organizada pola Spain Convention Bureau e coordinada polas Oficinas Españolas de Turismo de Bruselas e Amsterdam. O obxectivo é aproveitar as conexións directas tanto con Bélxica coma cos Países Baixos do Aeroporto de Santiago, ampliando a posibilidade de acoller eventos internacionais destes mercados.

Leer más

ACCIÓN CULTURAL

O artista Rodríguez-Méndez recibe o II Premio Plataforma pola súa traxectoria no eido da performance e as artes vivas

28/06/2022

O premio foi entregado polo alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, nun acto ao que tamén asistiron Mila Castro, concelleira de Medio Ambiente; representantes dos grupos municipais do Concello; Santiago Olmo, director do CGAC; e David Barro, Mónica Maneiro e Iñaki Martínez Antelo, directores de Plataforma. Festival de artes performativas.

Leer más
Compartir: