ACCIÓN CULTURAL
O Delas Fest presenta o cartel da súa cuarta edición
As artistas urbanas Mariana Santos, Ceciro, Udatxo e Nana serán as encargadas de realizar os catro novos murais do festival feminista de arte urbana e contextual que hoxe foi presentado no Concello de Santiago pola concelleira de Acción Cultural, Mercedes Rosón; Luísa Feijóo, concelleira de Benestar Social no Concello de Ames; Sandy Cebral, concelleira de Cultura e Deportes do Concello de Brión; e Sara Alonso, socia-traballadora de 7H Cooperativa Cultural.
CENTROS SOCIOCULTURAIS
O programa Vive o Verán 2022 oferta 2.000 prazas para un cento de sesións de actividades como música ao vivo, baile, esgrima, roteiros ou obradoiros
Hoxe comezan a desenvolverse as actividades do programa "Vive o Verán 2022", organizado pola rede de Centros Socioculturais, que oferta, nos meses de xuño e xullo, aproximadamente 2.000 prazas para actividades culturais e de ocio, repartidas en 100 sesións en diferentes localizacións e horarios. A primeira das actividades é Terrazeando, unha proposta novidosa de música en vivo que terá lugar hoxe, ás oito e media do serán, no CSC de Santa Marta.
IGUALDADE
Minuto de silencio pola última vítima mortal de violencia machista
A praza do Obradoiro acolleu esta mañá un minuto de silencio pola muller asasinada en Tíjola (Almería) o pasado 27 de maio, vítima de violencia machista.