TURISMO
O actor Paul Blake, que participou na primeira película de "Star Wars", estará en Santiago no desfile de fans da saga
O próximo 27 de maio, Santiago acollerá un novo desfile de fans de Star Wars, que percorrerán as rúas de Compostela caracterizados das súas personaxes favoritas da saga. Neste desfile está confirmada a participación de Paul Blake, actor británico que fixo o papel de Greedo na primeira película da serie.
ESPAZOS CIDADÁNS
O Concello traballa xa na implantación do proxecto europeo Smarter Together
O Concello de Santiago está a traballar na implantación do proxecto Europeo Smarter Together, que ten como obxectivo mellorar a calidade de vida nas cidades a través das tecnoloxías intelixentes. Onte celebrouse a primeira reunión interdepartamental para afondar as áreas de traballo nas que se vai desenvolver a estratexia: plataforma integrada de datos, participación e compromiso cidadán, rehabilitación enerxética en edificios, mobilidade sostible, e "district heating" e enerxías renovable.
POLÍTICAS SOCIAIS E DIVERSIDADE
"Crónicas de Siria" achegará aos centros socioculturais relatos musicados de autoras e autores sirios
A concelleira de Políticas Sociais, Diversidade e Saúde, Concha Fernández, acompañada do escritor e músico Pepe Sendón, presentou Crónicas de Siria, o ciclo de relato breve e música pertencente ao programa Liñas Paralelas. As sesións están deseñadas por Pepe Sendón, quen tamén se ocupa da selección, tradución e lectura dos relatos. Do traballo musical encárgase o guitarrista Marcos Teira.
MOBILIDADE
Jorge Duarte reivindica un ente supramunicipal que xestione directamente o transporte metropolitano
O concelleiro de Espazos Cidadáns, Dereito á Vivenda e Mobilidade apostou hoxe pola creación dun ente supramunicipal que xestione de maneira directa o transporte metropolitano. Foi durante o relatorio que pronunciou no congreso organizado pola publicación Carrilbus, e no que participaron asociacións e empresarios do transporte de toda Galicia.
CONSORCIO
A Comisión Executiva do Consorcio analiza o documento de proposta estratéxica para os Anos Santos 2021 e 2026
O Consorcio da Cidade de Santiago celebrou esta mañá a súa Comisión Executiva, presidida polo alcalde da cidade e presidente do organismo interadministrativo, Martiño Noriega. Na xuntanza presentouse o primeiro documento de proposta estratéxica elaborado polo Consorcio para o horizonte dos vindeiros Anos Santos 2021 e 2026 para a súa análise pola Comisión Executiva.
CONVIVENCIA
A Policía Local colabora coa DXT na Campaña de control do cinto de seguridade
A Policía Local volve colaborar coa Dirección Xeral de Tráfico nunha das súas campañas e operacións de vixilancia e control. Desta vez, vixiarase o cumprimento da normativa relacionada co uso do cinto de seguridade e cos sistemas de retención infantil, nunha campaña que se desenvolverá entre os días 13 e 19 de marzo.