CONVIVENCIA
O programa de Educación Viaria da Policía Local presenta a súa nova mascota, Xeraldina
O programa de Educación Viaria da Policía Local vén de estrear unha nova mascota, que se suma ao xa máis que coñecido Moito Olliño. Trátase de Xeraldina, un personaxe que ten a misión de mostrar o uso correcto dos Sistemas de Retención Infantil.
TURISMO
Santiago acolle a feira Viñerón, na que haberá viños con alma, música en directo e street food
A concelleira de Economía e Facenda, María Rozas, presentou no Pazo de Raxoi a feira vitivinícola Viñerón, que se celebrará o próximo un de abril na Cidade da Cultura de Galicia. A concelleira estivo acompañada polo director do Instituto Galego do Viño, Xoán Cannas, e pola directora da Cidade da Cultura, Ana Isabel Vázquez.
TURISMO
Máis de 20 locais ofrecen as Uñas de San Lázaro entre o 31 de marzo e o 3 de abril
O día 31 de marzo comeza a tradicional festa gastronómica das Uñas de San Lázaro, que se prolongará ata o 3 de abril. Neste ano, por primeira vez, os establecementos nos que se pode degustar este prato típico e que participan nesta acción promocional contarán cun distintivo propio, deseñado a partires da colaboración entre Turismo de Santiago e a Asociación Hostelería Compostela para promocionar esta festividade, unha das máis antigas de Galicia.
MEDIO AMBIENTE E CONVIVENCIA
A Concellaría de Medio Ambiente impulsa un proxecto para sinalizar as árbores máis emblemáticas da Alameda
O concelleiro de Medio Ambiente e Convivencia, Xan Duro, presentou hoxe un proxecto que pretende "contribuír á posta en valor e mellora das condicións da Alameda, o parque máis histórico de Compostela".
EDUCACIÓN
Un grupo de escolares do López Ferreiro visitan Segovia dentro do programa "Aula de Patrimonio"
No día de onte partiron cara Segovia un grupo de 30 alumnos e alumnas do CEIP Lopez Ferreiro que participan no programa "Aula de Patrimonio" organizado polo Grupo Cidades Patrimonio da Humanidade de España.
ALCALDÍA
O alcalde reúnese coa Organización Médica Colexial de España
O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, recibiu hoxe a unha delegación da Organización Médica Colexial de España, encabezada polo seu presidente Serafín Romero Agüit.
EDUCACIÓN
Máis de 300 nenos e nenas das Escolas Infantís Municipais participan nas sesións didácticas da man da Escola Municipal de Música
O meu corpo é musical é o título das sesións didácticas que organiza a Escola Municipal de Música nas Escolas Infantís de San Roque, Tras-Parlamento, Tambre, Conxo, Fontiñas e Meixonfrío-Salgueiriños.