CENTROS SOCIOCULTURAIS
Compostela Cine Classics achega os mellores filmes de sempre a todos os públicos
As películas que todo aspirante a cinéfilo debería ver acompañadas dun café, obradoiros de cine, faladoiros, e un gran concerto. Todo isto é Compostela Cine Classics’12, un novo programa da Concellería de Participación Cidadá e Centros Socioculturais para os vindeiros meses.
FESTAS
San Lázaro celebra a tradicional Festa da Uña cun amplo programa lúdico e gastronómico
Os días 24, 25 e 26 de marzo celebrarase no barrio de San Lázaro a Festa Gastronómica da Uña. O Concello colabora con esta festa, de gran tradición na cidade, na que non faltarán a poxa e a degustación das uñas, acompañadas dun completo programa lúdico.
COMERCIO
O Concello premia o traballo do pequeno comercio compostelán
A concelleira de Comercio, Reyes Leis, presentou os Premios do Comercio Compostelán 2012, cos que o Concello quere recoñecer o traballo e o esforzo dos pequenos comerciantes da cidade e que se entregarán o día 19 de abril nunha recepción no Concello. Reyes Leis destacou a importancia que o sector comercial ten para a cidade tanto como xerador de emprego como humanizador de rúas e barrios.
ALCALDÍA
O Concello de Santiago e os empresarios do Polígono do Tambre avanzan na legalización das naves desta área industrial
O alcalde compostelán, Xerardo Conde Roa, reuniuse co presidente da Asociación da Área Empresarial do Polígono do Tambre, Jesús Chenel, e co xerente, José Manuel Beceiro. No encontro falaron do proceso de legalización das naves desta superficie comercial, xa posto en marcha, e da obra pendente da duplicación do acceso ao polígono do Tambre sobre a estrada N-550.
MEDIO AMBIENTE
Satisfacción municipal pola inminente apertura do trámite de impacto ambiental para a nova ubicación da EDAR
A concelleira de Medio Ambiente, María Castelao, expresou a súa satisfacción e a do Goberno municipal pola aceptación do Ministerio de Medio Ambiente Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente do inicio da tramitación de impacto ambiental para a nova ubicación da futura estación depuradora de augas residuais (EDAR) da Silvouta. Confía en que nun prazo de dous meses estea listo este estudo.
ALCALDÍA
O novo edificio xudicial de Santiago estará operativo antes de que remate 2012
O alcalde, Xerardo Conde Roa, e o conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, Alfonso Rueda, visitaron as obras do novo edificio xudicial da cidade, que debido ao seu bo ritmo de construción estará rematado no primeiro semestre deste ano e poderá estar a pleno rendemento antes de que remate 2012, unha vez se traslade ao novo edificio a actividade xudicial.
CULTURA
Rebeca Jiménez, Cardigan Bridge, Patricia Moon e Jane Joyd en "Palabra de Muller"
O director-xerente do Auditorio de Galicia, José Víctor Carou, e Patricia Moon presentaron o concerto Palabra de Muller, que terá lugar o 21 de marzo, ás 20:30 horas, no Teatro Principal. Nel, estará Rebeca Jiménez como cabeza de cartel, acompañada das galegas Cardigan Bridge, Patricia Moon e Jane Joyd.
MEDIO AMBIENTE
Entregados os premios aos gañadores do concurso escolar para a elección da mascota do Día da Árbore e da Auga
O alcalde compostelán, Xerardo Conde Roa, presidiu o acto de entrega de premios aos escolares do concurso convocado pola Concellería de Medio Ambiente e Parques e Xardíns para elixir a mascota desta edición do Día da Árbore e da Auga, que se celebrará o 21 de marzo.
CONSORCIO
Unha nova publicación percorre a historia da Catedral no importante período comprendido entre 1833 e 1923
O Consorcio de Santiago presentou o libro La catedral de Santiago en época contemporánea, coeditado con Teófilo Edicións. O acto, celebrado na sede da Confederación de Empresarios de Galicia e presidido polo alcalde compostelán e presidente do Consorcio, Xerardo Conde Roa, contou tamén coa presenza da autora, Irene Mera Álvarez.