CULTURA
"Corcheas, semifusas e ilusións" con Martín Camiña no programa cultural de Nadal
A maxia volve ser protagonista dentro do programa Infantil Familiar, do Departamento de Cultura, na xornada do sábado 29 de decembro. O ilusionista Martín Camiña presenta, a partir das 19:30 horas no Teatro Principal, o espectáculo Corcheas, semifusas e ilusións. As entradas poden mercarse na billeteira do propio Teatro Principal, aberta de martes a sábado e os días do evento de 18:00 a 21:00 horas ou en Novagaliciabanco. O prezo é de 5 euros, podendo adquirirse un abono familiar: 4 entradas a 15 euros.
CULTURA
Mireia Pintó e María Rey-Joly, protagonistas de dous novos concertos de Todo Lírica
Logo da inauguración do ciclo Todo Lírica co concerto de David Menéndez e Rubén Fernández Aguirre, dous novos concertos, desta vez de Mireia Pintó con Manel Camp o domingo 30 de decembro e de María Rey-Joly con Borja Mariño o mércores 3 de xaneiro. Os dous concertos serán no Principal ás 20:30 horas. As entradas poden mercarse na billeteira do Principal ou en Novagaliciabanco a 8 euros; e pode adquirirse un abono para os catro concertos do ciclo por 20 euros
REHABILITACIÓN
O Ministerio de Cultura confirma a concesión dun millón de euros para a recuperación e posta en valor da fortaleza da Rocha
A concelleira de Urbanismo, María Pardo, informou en rolda de prensa da recepción da comunicación do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte pola que se concede ao Concello de Santiago a subvención nominativa de 1 millón de euros para o Proxecto de estudo, recuperación e posta en valor da fortaleza da Rocha. O proxecto deseña un programa de actuacións que permitirá descubrir o espazo intramuros da fortaleza e exhumar os sectores da muralla e liza que aínda se manteñen ocultos.
ALCALDÍA
A Catedral acolle o domingo a tradicional Ofrenda de Traslación dos restos do Apóstolo
A Catedral de Santiago acolle como cada 30 de decembro a cerimonia da Ofrenda de Traslación dos restos do Apóstolo. Nesta ocasión, S.M. Don Juan Carlos de Borbón designou como delegada rexia á presidenta do Parlamento de Galicia, Pilar Rojo.
ALCALDÍA
O alcalde escoitou as demandas dos afectados polas participacións preferentes
Unha representación de composteláns afectados pola emisión de participacións preferentes por parte das antigas caixas galegas foi recibida en Raxoi polo alcalde, Ángel Currás, e polas concelleiras Reyes Leis e Amelia González.
COMERCIO
Manuel Carballeira, os CSC, Equisol Comercio Xusto e Café Casino, gañadores do II Concurso de Beléns e Ambientación de Nadal
Tras reunirse o xurado, xa se coñecen os gañadores do II Concurso de Beléns e Ambientación de Nadal. Manuel Barreiro Vieiro foi o gañador na categoría individual do Concurso de Beléns, mentres que o Departamento de Centros Socioculturais levou o premio na modalidade colectiva. No Concurso de Ambientación de Nadal resultaron triunfadores Equisol Comercio Xusto (comercios) e Café Casino (Hostalería). Os premios entregaranse o 2 de xaneiro nunha cerimonia que se celebrará no Pazo de Raxoi.
CULTURA
Estrea das obras gañadoras do V Concurso Galego de Composición para Banda de Música
O sábado 29 de decembro do 2012, a Banda Sinfónica da Federación Galega de Bandas de Música Populares estreará as obras premiadas no V Concurso de Composición para Banda de Música. O concerto celebrarase ás 21:00 horas no Auditorio de Galicia.
CENTROS SOCIOCULTURAIS
O novo equipamento de Santa Marta incorpórase á extensa Rede Municipal de Centros Socioculturais
O alcalde compostelán, Ángel Currás, xunto co concelleiro de Centros Socioculturais, Francisco Noya, inaugurou o Centro Sociocultural de Santa Marta. O acto serviu tamén para exhibir por primeira vez o lip dub do Nadal realizado nos centros socioculturais.