ALCALDÍA
O Concello e FEBE colaborarán en accións formativas de ocio responsable
O alcalde compostelán, Xerardo Conde Roa, recibiu o director executivo da Federación Española de Bebidas Espirituosas (FEBE), Bosco Torremocha de la Rasilla. Na reunión falaron de promover accións formativas dirixidas aos mozos para fomentar un ocio responsable.
CONSORCIO
O Museo da Catedral reabre logo dunha profunda remodelación
Logo de varios meses de obras o Museo da Catedral de Santiago reabre as súas portas con varias estancias renovadas e adaptadas ás últimas esixencias museísticas. Esta acción enmárcase dentro dos proxectos de posta en marcha do plan de obras do Plan Director da Catedral e foron financiados grazas ao programa do 800 Aniversario da Catedral de Santiago, xestionado dende o Consorcio de Santiago.
FACENDA
A concelleira de Facenda anuncia uns orzamentos municipais axustados, eficaces e con teito de gasto para 2012
O Concello de Santiago acumula unha débeda financeira de case 70 millóns de euros e ten outros 30 millóns de euros de facturas pendentes, segundo indicou en rolda de prensa a concelleira de Facenda e Orzamentos, Cecilia Sierra. Estas cifras lévana a cualificar como "delicada" a situación das contas municipais, e de aí os axustes que está a realizar o Goberno municipal para "encauzar a situación económica".
CULTURA
"Fashion Victim", de Iván Prieto, permanecerá aberta unha semana máis
Fashion Victim, de Ivan Prieto, permanecerá aberta na Zona "C" unha semana máis debido ao éxito de público. Así, en lugar de pechar o domingo25, como estaba previsto inicialmente, pechará o domingo 2 de outubro e poderá verse en horario de 11:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 horas todos os días, agás o luns.