TRÁFICO
O Concello terá acceso ao rexistro de condutores da Dirección Xeral de Tráfico
O alcalde compostelán, Xerardo Conde Roa, asinou un convenio co xefe provincial de tráfico, Pedro Pastor, coa presenza tamén do Asiste o concelleiro de Tráfico, Albino Vázquez. Este convenio fixa o marco básico de colaboración entre o Concello e a Dirección Xeral de Tráfico e permitirá a posta en marcha sucesiva de diversas iniciativas mediante engadidos ao propio acordo. Unha das consecuencias inmediatas será a posibilidade do acceso municipal ao rexistro de condutores da DXT.
COMERCIO
O comercio de Santiago celebra as súas Noites Abertas con premios e sorteos
A concellería de Economía, Comercio, Turismo e Mercados, Reyes Leis, presentou as Noites Abertas do comercio compostelán, que se integran dentro do programa municipal de actividades para Nadal e que contan coa colaboración das asociacións comercias da cidade, Acotés, Compostela Monumental e Santiago Centro.
CENTROS SOCIOCULTURAIS
Continúan as actividades de "Vive o Nadal" na rede de centros socioculturais
O alcalde compostelán, Xerardo Conde Roa, visitou xunto co concelleiro de Centros Socioculturais, Francisco Noya, o Centro Sociocultural do Ensanche, onde se están a desenvolver diferentes actividades no marco do programa Vive o Nadal.
CULTURA
Unha orixinal proposta de Nadal en clave de jazz con Ximo Tebar&IVAM Jazz Ensemble
Co Nadal chega de novo Todo Lírica, un ecléctico ciclo de concertos creado no 2001 co nome de Festival de Zarzuela de Santiago, que segue habitualmente o formato de recitais de voz e piano, e que cada ano vén ampliando os seus contidos a outros xéneros musicais. O ciclo, que se celebra ata o 3 de xaneiro con catro concertos comeza o venres 23 cunha orixinal celebración de Nadal na que Ximo Tebar e IVAM Jazz Ensemble nos presentan "Nadal de jazz arredor do mundo" ás 21:00 horas no Teatro Principal. No concerto poderemos escoitar as...
EDUCACIÓN
A CiberCaixa abre durante o Nadal
Dende o xoves 22 de decembro e ata o 5 de xaneiro abre as súas portas a CiberCaixa de Roxos Villestro con horario de 9:30 a 14:30 horas. Esta é outra das iniciativas que a Concellería de Educación promove para a conciliación familiar e laboral das familias de Santiago nestas vacacións de Nadal.
CULTURA
A Banda Municipal celebra o Concerto Extraordinario de Nadal
Como xa vén sendo habitual nestes últimos anos, a Banda Municipal de Música de Santiago de Compostela pecha o ano cun concerto extraordinario, dirixido nesta ocasión por Xosé Luis Represas Carrera. Desta maneira, a Banda súmase á programación especial de Nadal organizada polo Concello.