EDUCACIÓN
A Escola Municipal de Música celebrou o seu festival de Nadal no Auditorio de Galicia
Con motivo do Nadal e como broche final ao traballo realizado polo alumnado da Escola neste primeiro trimestre do curso 2011/2012, a Escola Municipal de Música celebrou o seu Festival de Nadal no Auditorio de Galicia.
EMPREGO
O programa de inserción laboral "Emprego Santiago" desenvolve 12 accións formativas
A concelleira e Familia, Benestar Social, Muller e Emprego visitou os alumnos do programa Emprego Santiago, que están realizando un curso de cociña no Albergue de Xoán XXIII. Este curso forma parte das 12 accións formativas modulares que neste mes de decembro se están a realizar no marco do programa integral de inserción Emprego Santiago.
DEPORTES
O Torneo de Nadal "A Gaiola" promove por terceiro ano o acceso da muller ao deporte
O pavillón do Restollal acollerá o sábado 17 o Torneo de Nadal "A Gaiola". Baixo o lema "Todo é Deporte! Igualdade de xénero e non violencia", a iniciativa contará con varios partidos de fútbol sala, concursos e sorteos.
CULTURA
A Banda Municipal ofrece un novo concerto do ciclo de Novos Intérpretes Galegos
A Banda Municipal de Música de Santiago de Compostela celebra o domingo 18 un novo concerto do ciclo de Novos Intérpretes, unha das novidades mais esperadas da programación 2011-2012. Este ciclo inclúe sete concertos nos cales a Banda Municipal contará ao longo de toda a tempada con sete solistas diferentes. Desta vez, o solista será o trompetista Víctor Manuel Vilariño.
ALCALDÍA
Santiago de Compostela xa loce de Nadal
O alcalde compostelán, Xerardo Conde Roa, presidiu na praza do Obradoiro o acto de acendido das luces de Nadal. A iluminación adornará 36 rúas e prazas ata o 6 de xaneiro, dende as 18:00 ás 02:00 horas, agás os días 24 e 25 de decembro e 5 de xaneiro, nos que permanecerá acesa ata o amencer.