ALCALDÍA
O alcalde, satisfeito coa primeira experiencia de peonalización en rúas do Ensanche
O alcalde compostelán, Xerardo Conde Roa, amosouse satisfeito pola experiencia de peonalización da última fin de semana das rúas República do Salvador (tramo entre Doutor Teixeiro e a Praza Roxa) e Xeneral Pardiñas (entre a República Arxentina e Montero Ríos).
DEPORTES E BENESTAR SOCIAL
Primeira edición do Campus Vero Boquete
Nace, con vocación de continuidade e consolidación, o Campus Vero Boquete de fútbol e fútbol sala. A primeira edición do evento celebrarase no complexo deportivo de Santa Isabel os días 27, 28 e 29 de decembro.
XUNTA DE GOBERNO
Unha ordenanza regulará a publicidade e a rotulación nos diferentes ámbitos da cidade
A Xunta de Goberno aprobou o proxecto de ordenanza reguladora da publicidade e da rotulación en Santiago de Compostela. Esta normativa específica ten como obxectivo fixar medidas protectoras para ámbitos como o casco histórico e fomentar solucións innovadoras para outras partes da cidade.
ALCALDÍA
O alcalde recibiu o Nobel Sheldon Glashow
O Nobel de Física en 1979, Sheldon Glashow, está en Compostela para participar na sexta edición do programa ConCiencia, organizado polo Consorcio e a Universidade de Santiago. O científico foi recibido en Raxoi polo alcalde, Xerado Conde Roa.