NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA
Correlingua abriu o Maio das Letras
Un ano máis, a Concellería de Normalización Lingüística colaborou na organización da Correlingua, a carreira escolar pola lingua. Milleiros de escolares déronse cita na praza do Obradoiro para vivir alí unha festa de reivindicación do idioma tras percorrer a pé as rúas do casco histórico de Compostela.
CULTURA
Maio trae a Santiago a Benjamin Biolay, o "Platonov" do CDN, Compostela Máxica e Curtocircuíto
Un programa cultural intenso, con actividades destacadas de maxia, teatro, música e cine. Así vén o mes de maio en Compostela. O Festival Compostela Máxica, que seguirá ata o día 8, o concerto de Benjamin Biolay, o Centro Dramático Nacional con Platonov e unha nova edición do Curtocircuíto, desta vez do 23 ao 30 de maio, son os pratos fortes do programa cultural destes 31 días.
PROMOCIÓN ECONÓMICA
Expertos de nove cidades europeas debaterán sobre a inserción laboral da muller
O concelleiro de Promoción Económica, Emprego, Comercio e Turismo, Xosé Manuel Iglesias, presentou o programa do segundo seminario internacional do proxecto WEED (Muller, Empreso e Emprego no Desenvolvemento Local), que se celebrará no Gran Hotel Santiago entre o 5 e o 7 de maio.
CONSORCIO
As igrexas de Santiago acollen unha nova edición do Compostela Organum Festival
Logo do éxito acadado en edicións anteriores, varias igrexas da cidade histórica de Santiago acollerán a cuarta edición do Compostela Organum Festival, organizado polo Consorcio de Santiago e coa coordinación da Asociación Musical Berenguela. Este ano o festival conta co apoio financeiro da S. A. de Xestión do Xacobeo, que decidiu incluílo na súa programación xeral para este Ano Santo.
CULTURA
Segundo reto para o mago Víctor Cerro nunha nova xornada de Compostela Máxica
Despois do exitoso inicio do IV Festival Internacional Compostela Máxica 2010, o domingo 2 na praza do Obradoiro, co gran reto de Víctor Cerro, a semana máis máxica do ano na capital de Galicia comeza o luns 3 con forza. Compostela Máxica, organizado pola concellería de Cultura, consolídase xa como unha cita ineludible no calendario cultural da cidade.
DEPORTES
A IV Carreira Popular Solidaria Área Empresarial do Tambre será en beneficio de Proxecto Home e da Cociña Económica
Presentouse a IV Carreira Popular Solidaria Área empresarial do Tambre, organizada pola Fundación Compostela Deporte, a Asociación de Empresarios da Área Empresarial do Tambre, a delegación en Santiago da Federación Galega de Atletismo, a USC e o atleta compostelán Pedro Nimo. A carreira servirá para recadar fondos para o Proxecto Home e a Cociña Económica.
TURISMO
O Plan Estratéxico para o Turismo 2010-2015 aposta por explotar os recursos aínda pouco aproveitados da cidade
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, acompañado polo concelleiro de Turismo, Xosé Manuel Iglesias, presentou ao sector turístico o Plan Estratéxico para o Turismo de Santiago 2010-2015. Este documento establece unha diagnose sobre o estado do sector na actualidade e formula as liñas de actuación prioritarias para os vindeiros anos.