XUNTA DE GOBERNO
Máis de dous millóns e medio de euros para o arranxo inmediato de vías e beirarrúas
A Xunta de Goberno aprobou a apertura do expediente de contratación para o mantemento de vías e beirarrúas da cidade, por un importe total de 2.610.000 euros. Entre outros asuntos, deuse tamén o visto bo ao orzamento das festas da Ascensión, de 226.140 euros.
RELACIÓNS INSTITUCIONAIS
Presentación do programa Santiago-Une nunha xornada en Oviedo
O concelleiro de Relacións Institucionais, Andrés Fariña, presentará o mércores 28 de abril o programa Santiago-Une no marco da Xornada Informativa Europa polos cidadáns, que se celebrará no Palacio de Congresos-Auditorio Príncipe Felipe de Oviedo.
CIDADE HISTÓRICA
Cidade Histórica solicita unha subvención para desenvolver un proxecto de reflexión colectiva sobre o espazo público
A concelleira da Cidade Histórica e Rehabilitación, Olga Pedreira, presentou a solicitude de subvención ao Ministerio de Cultura para o proxecto O aire da cidade. Esta actividade pretende ser financiada polas axudas para proxectos de conservación, protección e difusión de bens declarados Patrimonio Mundial correspondentes ao 2010.
ALCALDÍA
Os delegados do Goberno nas comunidades do Camiño Francés fortalecen a coordinación de seguridade
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, reuniuse en Raxoi cos delegados do Goberno nas comunidades autónomas que atravesa o Camiño Francés. O obxectivo desta xuntanza era mellorar a coordinación en materia de seguridade e promover os itinerarios xacobeos e a súa riqueza patrimonial.
EDUCACIÓN
O Grupo de Cidades Patrimonio premia a máis de 220 escolares e reúneos en Córdoba
O Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade de España reuniu en Córdoba a máis de 220 escolares gañadores da novena edición do programa educativo Coñecer as Cidades Patrimonio. Alí estiveron, en representación de Santiago, os alumnos e alumnas de 4º da ESO do IES de Sar, que gañaron esta edición co traballo denominado Segovia, tras as reixas dos que foron mud@s, dirixido pola profesora Carmen Alvariño Alejandro.