EDUCACIÓN
Os profesores de música debaten sobre a súa disciplina nunhas xornadas autonómicas
A concelleira de Educación, Mercedes Rosón, presentou as II Xornadas Galegas do Ensino Musical, organizadas pola Asociación do Profesorado de Música de Secundaria de Galicia (ASOMÚSICA), en colaboración coa Escola Municipal de Música. Celebraranse neste espazo os días 16 e 17 de abril.
BENESTAR SOCIAL, CENTROS SOCIOCULTURAIS E EDUCACIÓN
Os sectores educativos e sociais dos barrios de Conxo e Milladoiro traballan xuntos nun novo espazo de encontro
O venres 16, ás 18.00 horas, no CEIP Quiroga Palacios, celebrarase a segunda das charlas-café postas en marcha polo Espazo de Encontro para a Educación dos barrios de Conxo e Milladoiro. Este punto de reunión xorde das necesidades detectadas pola Coordinadora de Traballo en Rede Conxo/Milladoiro.
XUNTA DE GOBERNO
Adxudicadas as obras de mellora e rehabilitación nos centros educativos
Nunha sesión extraordinaria da Xunta de Goberno, adxudicáronse os contratos para a realización das obras de adecuación, mellora e rehabilitación nos centros escolares da cidade. Sumando os catro paquetes de obras adxudicados, incluídos no Fondo Estatal para a Sostibilidade Local, o importe total é de 570.021 euros máis IVE.
EMPREGO
Promoción Económica e Emprego organiza unha xornada sobre atención temperá
O concelleiro de Promoción Económica, Emprego, Comercio e Turismo, Xosé Manuel Iglesias, e o psicólogo, membro da Asociación Galega de Atención Temperá e asesor do Proxecto Persoa, José Cardama, presentaron a Xornada Interdisciplinar de Atención Temperá Os trastornos emerxentes e o proceso de vinculo na atención temperá, organizada no marco do Proxecto Persoa IV, que desenvolve a propia Concellaría.
CENTROS SOCIOCULTURAIS
Novo pulo á actividade dos centros socioculturais cos programas "Asómate" e "No Campo de Fóra"
A Concellaría de Cultura e Centros Socioculturais está a acometer unha reorganización da Rede de Centros Socioculturais, que tamén afecta á súa programación. Co obxectivo de ofrecer propostas socioculturais para toda a familia, o departamento pon en marcha a segunda edición do programa Asómate, ademais de iniciar unha nova proposta de concertos e divulgación musical, No Campo de Fóra.
ALCALDÍA
O alcalde e a presidenta de ACEM falaron das obras da nova sede da asociación
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, recibiu a presidenta da Asociación Compostelá de Esclerose Múltiple (ACEM), Carmen Vázquez. Na conversa falaron sobre o estado das obras da que será a nova sede da entidade, en Salgueiriños.
ALCALDÍA
Os presidentes das audiencias provinciais de toda España reuniranse en Santiago de Compostela o 27 de setembro
Para o 27 de setembro está prevista a celebración en Santiago e na Coruña dun encontro de presidentes de audiencias provinciais de toda España. O presidente da Audiencia Provincial da Coruña, José Luís Seoane, explicoulle os detalles ao alcalde e solicitoulle a colaboración municipal na organización do evento.
CULTURA
Curtocircuíto celebrará un encontro de cineastas galegos durante a Semana Oficial
Curtocircuíto, o Festival Internacional de Curtametraxes de Santiago de Compostela, organizado pola concellaría de Cultura, celebrará unha xornada dedicada ao encontro de profesionais do audiovisual galego. A cita será durante a súa Semana Oficial, o martes 25 de maio, e terá lugar na Zona C, sede do V Mercado Internacional de Curtametraxes.