TURISMO
O Fórum Gastronómico rende homenaxe á historia da gastronomía galega
O Museo do Pobo Galego albergará a mostra Ao pé do lar, promovida por Turismo de Santiago co patrocinio de Galicia Calidade e coa colaboración especial da Fundación Caixa Galicia. A mostra inaugurarase oficialmente o venres 5 de febreiro, ás 19:30 horas, e poderá verse ata o 7 de marzo.
DEPORTES
Santiago acolle o X Campionato Galego de Grupos Show de Patinaxe Artística
O sábado 6 de febreiro, a partir das 17:00 horas, celebrarase no pavillón polideportivo de Santa Isabel o X Campionato Galego de Grupos Show de Patinaxe Artística. Participarán uns 250 patinadores neste torneo, clasificatorio para competir no de campionato español, que se celebrará no mes de marzo en Pamplona.
URBANISMO
As sete grandes cidades de Galicia apostan por un urbanismo como ferramenta de reequilibrio e cohesión social
Os concelleiros de Urbanismo das sete grandes cidades galegas mantiveron en Ferrol unha xuntanza de traballo para abordar a ordenación do territorio, expor problemas comúns e promover solucións conxuntas.
ALCALDÍA
Compostela conta cun novo referente sociocultural en pleno centro histórico
Caixanova inaugurou cun multitudinario acto social a súa nova sede en Santiago de Compostela, un espectacular edificio de finais do século XIX, situado na céntrica praza de Cervantes. Converterase a partir de agora nunha referencia sociocultural da cidade e contribuirá a dinamizar o corazón do casco histórico.