VISITA DO PAPA BENEDICTO XVi
Plan de Mobilidade e Seguridade Viaria con motivo da visita da Súa Santidade o Papa
Con motivo da próxima visita da Súa Santidade o Papa Bieito XVI a Santiago de Compostela, constiuíuse unha Comisión Técnica sobre Mobilidade e Seguridade Viaria que integra a representantes do Goberno de España, Xunta de Galicia, Concello de Santiago e Arcebispado, así como aos responsables dos Corpos e Forzas de Seguridade do Estado.
Esta comisión deseñou un importante dispositivo que pretende conxugar a seguridade de todos os asistentes, o seu desexo de participar nos actos organizados polo Arcebispado de Santiago...
VISITA DO PAPA BENEDICTO XVI
Recomendacións e avisos con motivo da visita de Bieito XVI a Santiago
A contiuación achéganse unha serie de recomendacións e avisos en materia de tráfico, transporte, acccesos, estacionamento e de carácter xeral con motivo da visita da Súa Santidade o Papa Bieito XVI a Santiago de Compostela.
EDUCACIÓN
As sete grandes cidades galegas esixen á Xunta unha planificación educativa de acordo ás necesidades actuais
A concelleira de Educación, Mercedes Rosón, presentou os acordos do grupo de traballo das sete principais cidades de Galicia, constituído o 28 de outubro. O encontro serviu para que os concelleiros da Coruña, Lugo, Ourense, Pontevedra, Vigo, Santiago e Ferrol concretaran unha serie de propostas que se lle remitirán á Xunta.
XUNTA DE GOBERNO
A Xunta de Goberno adscribe a TUSSA o servizo de aluguer de bicicletas
Na sesión ordinaria da Xunta de Goberno acordouse, entre outros asuntos, que o servizo de aluguer de bicicletas quede adscrito á empresa municipal TUSSA polo período dun ano, prorrogable por outro. Tamén se decidiu autorizar a redacción dun modificado do proxecto das pistas de tenis e pádel en Sar e a solicitude dunha prórroga para esta obra.
SEGURIDADE CIDADÁ E CIRCULACIÓN VIARIA
O Concello distribúe un folleto co plan de mobilidade e recomendacións con motivo da visita do Papa Bieito XVI
Non se restrinxirá o tránsito de persoas polo Casco Histórico con motivo da visita do Papa Bieito XVI. Así o quixo resaltar a concelleira de Seguridade Cidadá e Circulación Viaria, Marta Álvarez-Santullano, na presentación á prensa dos folleto que se está a distribuír co plan de mobilidade e seguridade e coas recomendacións para esta data histórica do sábado 6 de novembro.
ALCALDÍA
O alcalde reúnese cos ministros de Xustiza de España, Brasil, Arxentina e Portugal
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, reuniuse en Raxoi cos ministros de Xustiza de España, Brasil, Arxentina e Portugal. Todos eles asinaron no Libro de Honra.
CONSORCIO
Un proxecto de Medellín, en Colombia, gaña o Premio Santiago de Compostela de Cooperación Urbana 2010
A cidade de Medellín, en Colombia, fíxose co Premio Santiago de Compostela de Cooperación Urbana, na súa edición de 2010. O xurado elixiu o proxecto do Parque do Campo Santo Villatina como o mellor entre o total dos 33 aspirantes ao galardón.