BENESTAR SOCIAL
A exposición "Elas fan Camiño" rende homenaxe ás mulleres peregrinas e promotoras da ruta xacobea
A concelleira de Benestar Social e Igualdade, Mar Martín, presentou a exposición Elas fan Camiño, que rende homenaxe ás mulleres peregrinas e a todas aquelas que participaron na conservación e na promoción do Camiño de Santiago ao longo da historia. A mostra, cedida pola Secretaría Xeral da Igualdade, inaugúrase o mércores 17 de novembro, ás 18:00 horas, na Casa das Asociacións de Benestar Social (rúa Manuel María, 6).
PARTICIPACIÓN CIDADÁ
Participación Cidadá abre a Casa das Asociacións ás novas tecnoloxías
Participación Cidadá 2.0 é a denominación da nova oferta que a Casa das Asociacións presenta aos veciños de Compostela. Isto é posible grazas á posta en marcha da Aula de Informática e dunha serie de talleres co obxectivo de facilitar o acceso ás novas tecnoloxías.
URBANISMO
EMUVISSA fai balance de dez anos de política municipal de vivenda
A Empresa Municipal de Vivenda e Solo de Santiago de Compostela (EMUVISSA) cumpre dez anos xestionando solo e vivenda na cidade e sendo o instrumento principal da política municipal deste ámbito. Para celebralo, o Palacio de Congresos e Exposicións de Galicia acolle o 15 e o 16 de novembro as xornadas Dez anos de política municipal de vivenda.
ALCALDÍA
O alcalde, convidado a participar nos actos de clausura dos 25 anos do IES Xelmírez II
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, recibiu en Raxoi o director do IES Xelmírez II, José Luis Martín Iglesias, con motivo da clausura do ciclo de actividades organizadas polo centro para conmemorar o seu XXV Aniversario.
CULTURA
A Banda Municipal segue a diversificar o seu repertorio na busca de novos públicos
A concelleira de Cultura e Centros Socioculturais, Socorro García Conde, presentou a programación da Banda Municipal de Música ata maio de 2011, na que se continúa co labor de ampliación e diversificación do seu repertorio de cara a achegarse a novos públicos. Na rolda estivo acompañada polo director da Banda, Carlos Seráns, que afirmou que o público da agrupación "é moi estable e de certa idade, polo que temos a obriga de tentar achegar a xente máis nova".