EDUCACIÓN
Máis de 500.000 euros para melloras nos centros de ensino de infantil e primaria
A concelleira de Educación, Guadalupe Rodríguez, e o delegado provincial da Consellería de Educación, José Manuel Mouriz explicaron o plan de investimento nos centros de ensino públicos de infantil e primaria de Santiago para 2009. A Delegación ten previsto investir 250.000 euros en varias actuacións, que se unen aos 280.00 euros previstos de investimento municipal.
TURISMO
Santiago promocionará en Girona o Fórum Gastronómico de 2010
Santiago xa prepara a súa edición do Fórum Gastronómico, que se celebrará en 2010, despois dos bos resultados do 2008. Este evento será promocionado por Turismo de Santiago no Fòrum Gastronòmic de Girona 2009, que se celebrará entre o 21 e o 25 de febreiro.
CULTURA
O Teatro Principal acolle a estrea da curtametraxe "5 pezas", de José Manuel Bazarra
Presentouse en Raxoi a curtametraxe 5 pezas, do director José Manuel Bazarra "Sepi", que se estreará no Teatro Principal o venres 6 de febreiro, ás 21:00 horas. Tamén se presentou a web da longametraxe Setembro, filme aínda non rematado do que xorde 5 pezas.
ALCALDÍA
O alcalde participou na comisión executiva e na asemblea do Eixo Atlántico
O alcalde, Xosé A. Sánchez Bugallo, participou na Comisión Executiva e na Asemblea Xeral do Eixo Atlântico celebradas en Guimaraes, onde se aprobou o inicio do proceso para modificar os seus estatutos e os orzamentos para o ano 2009.