INFRAESTRUTURAS
A remodelada rúa de Berlín achega o primeiro carril bici e unha moderna iluminación
Un carril-bici, unhas amplas beirarrúas e unha moderna iluminación son algunhas das novidades da nova rúa de Berlín, en Fontiñas, cuxas obras veñen de concluír. O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, inaugurarou o venres 23 a remodelación desta rúa.
ALCALDÍA
Os traballadores do Concello celebraron a festividade de Santa Rita
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo recibiu aos traballadores municipais, con motivo da celebración de Santa Rita de Casia, patroa da Administración Local.
ALCALDÍA
A maior autoridade mundial na loita contra o cancro asinou no Libro de Honra do Concello
Con motivo da súa presenza en Santiago para participar no programa ConCiencia, o Premio Nobel de Medicina en 1989, Harold Varmus, pasou por Raxoi, onde foi recibido polo alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo. Ao igual que o fixeran outros insignes participantes neste programa divulgativo, Varmus deixou a súa sinatura no Libro de Honra do Concello.
DEPORTES
A S.D. Compostela recibiu os parabéns do alcalde polo seu ascenso a Terceira División
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, recibiu á directiva, cadro técnico e xogadores da S.D. Compostela, que vén de lograr o ascenso á Terceira División.
ALCALDÍA
O alcalde destaca a Santiago como modelo europeo na promoción de vivenda protexida
Cumprido o primeiro ano da terceira lexislatura de mandato do actual Goberno municipal, o alcalde compostelán fixo balance deste período. Para Xosé A. Sánchez Bugallo, "estanse a cumprir os obxectivos plantexados" nos catro eixes prioritarios do Goberno: vivenda, emprego, benestar social e infraestruturas.