URBANISMO
A concelleira de Urbanismo destaca o nivel de concreción e detalle do documento final do PXOM
O Pleno municipal aprobou, cos votos favorables do Grupo de Goberno e a abstención do PP, o documento coas propostas de cumprimentación da Orde da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes do 3 de outubro de 2007 sobre o Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM). Pouco despois, a concelleira de Urbanismo, Mercedes Rosón, valorou este documento, do que destacou o seu nivel de concreción e detalle.
ALCALDÍA
Silencio no Obradoiro en repulsa contra o terrorismo
A praza do Obradoiro acolleu unha concentración silenciosa de repulsa contra o último atentado perpetrado pola banda terrorista ETA na localidade alavesa de Legutiano. O mesmo custou a vida ao garda civil José Manuel Piñuel Villalón e causou feridas a outros catro compañeiros e compañeiras.
CULTURA
Mayumana trae o seu novo espectáculo a Santiago
Mayumana ofrecerá un espectáculo no Multiusos Fontes do Sar o 13 de xuño. A agrupación israelí, que presentará o seu novo espectáculo Be!, é a compañía de danza que máis entradas ten vendido en España, con máis dun millón.
ALCALDÍA
O Concello contribúe na loita contra o cancro
Como ven sendo habitual nos últimos anos, o alcalde da cidade, Xosé A. Sánchez Bugallo, achegouse á mesa instalada na Praza do Toural, para contribuír cun importante donativo municipal á campaña de cuestación anual que organiza a Asociación Española de Loita contra o Cancro.
UMAD
Os alumnos do Xelmírez I reflexionan sobre o fenómeno do botellón a partir dunha exposición fotográfica
A concelleira de Benestar Social, Mar Martín, a mostra fotográfica "Obxectivo: mocidade crítica", realizada polos alumnos do ciclo de Laboratorio da Imaxe do IES Xelmírez I en torno ao tema do botellón, a zona vella e a amizade. Acompañouna a directora da UMAD, Pilar Bermejo, e representantes do centro educativo.
DEPORTES
Compostela acolle o Campionato de España Junior de Baloncesto Feminino
A fase final do Campionato de España Junior de Baloncesto Feminino trae a Compostela aos doce mellores equipos españois desta categoría. A competición celebrarase do 20 ao 25 de maio no pavillón municipal de Santa Isabel.
TURISMO
Nace "Santiago de Compostela. Your Way 2008", unha guía para turistas potenciais
O concelleiro de Promoción Económica e Turismo, Xosé Manuel Iglesias, presentou a publicación Santiago de Compostela. Your Way 2008, a guía oficial anual da cidade, editada por Turismo de Santiago.
DEPORTES
O Camiño une Santiago e Barcelona nun proxecto solidario
A atleta Alexandra Panayotou chegará o venres 16 a Santiago despois de percorrer en 21 días 1.200 quilómetros entre Barcelona e a nosa cidade. Cumprirá así un dos retos máis importantes do proxecto Pole Runner 2008, co obxectivo de recadar fondos para o proxecto disCAPACITADOS Expedición Polo Sur, do que a atleta é directora deportiva.