EDUCACIÓN
Quince alumnos de Ávila visitan Compostela no marco do programa "Coñecer as Cidades Patrimonio"
Un grupo de quince alumnos de 3º de ESO do Colexio Medalla Milagrosa de Ávila están a realizar unha visita didáctica a Santiago no marco do programa "Coñecer as cidades patrimonio". Estarán na cidade entre o 12 e o 14 de maio.
CULTURA E CIDADE HISTÓRICA
"Esperando as Letras 2008" leva a literatura galega ás rúas da cidade histórica
Do 12 ao 17 de maio, a literatura trasládase ás rúas da cidade histórica grazas ás diversas actividades previstas no programa Esperando as Letras 2008. Nunha semana eminentemente relacionada coa literatura e coa lingua galega, os libros sairán ao exterior das librarías e as letras chegarán a todos os públicos.
CULTURA
O II Ciclo "Revelando Voces" continúa con dous novos concertos nos CSC do Castiñeiriño e da Trisca
O II Ciclo Revelando Voces continúa con dous novos concertos. O mércores 14, no CSC do Castiñeiriño, tempo para gozar coa música de S.A.R. (Sistema Acústico de Ruído), e o xoves 15, no CSC da Trisca, coa de Héctor Lorenzo.
CULTURA
Inaugúrase na Zona "C" a nova exposición do compostelán Manuel Eirís
O artista compostelán Manuel Eirís abre a súa nova mostra o mércores 14 de maio, ás 20.00 horas, na Zona "C". A exposición, organizada pola Concellaría de Cultura, presenta unha intervención que inclúe dúas liñas do traballo artístico que vén desenvolvendo nos últimos tempos.
PROMOCIÓN ECONÓMICA
Promoción Económica organiza dúas conferencias destinadas a empresarios
A Concellaría de Promoción Económica, Emprego, Comercio e Turismo organiza, o 14 e o 15 de maio, dúas conferencias enmarcadas na Rede de Cooperación Local, que teñen como obxectivos potenciar o intercambio de relacións entre as empresas de Santiago e achegarlles, de primeira man, as liñas de actuación da Xunta de Galicia en desenvolvemento empresarial. As charlas, gratuítas e abertas ao público, celebraranse na sede da Asociación de Empresarios do Polígono Industrial do Tambre, ubicada na Vía...
RELACIÓNS VECIÑAIS
Os veciños, os primeiros en coñecer a proposta definitiva do PXOM
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, presidiu no Auditorio de Galicia unha nova xuntanza do Consello de Relacións Veciñais, que nesta ocasión tiña un único punto na orde do día: o Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM).
MEDIO AMBIENTE
Comeza o programa de visitas á estación potabilizadora de Santiago
A Concellaría do Medio Ambiente comeza o mércores 14 de maio o programa de visitas guiadas á potabilizadora da cidade . Neste programa de actividades colaborará a empresa Aquagest, encargada de xestionar a rede de abastecemento de Santiago.
CASCO HISTÓRICO
A Comisión Asesora do Casco Histórico aprobou o proxecto básico do Centro Sociocultural de Caixanova
Na sesión ordinaria da Comisión Asesora do Casco Histórico, presidida polo alcalde, Xosé A. Sánchez Bugallo, aprobáronse diversas actuacións no ámbito da cidade histórica, Patrimonio da Humanidade, das que cabe salientar a aprobación do Proxecto Básico para a execución das obras do futuro Centro Sociocultural de Caixanova na praza de Cervantes.