ALCALDÍA
O alcalde e o presidente da Xunta tamén viviron o día da Ascensión
Con motivo do Día da Ascensión, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, visitou xunto ao presidente da Xunta de Galicia, Emilio Pérez Touriño, o recinto feiral de Amio, onde se celebrou o Concurso morfolóxico de cabalos de pura raza galega "Gran Premio Concello de Santiago".
FESTAS
Seis grupos galegos darán a coñecer a súa música nun concerto no Campus Sur
As Festas da Ascensión continúan despois de vivir na noite do mércores 30 unha gran festa, que aínda co tempo en contra, non impediu que miles de mozos gozasen coa Campus Party. O programa do xoves 1, día da Ascensión, invitaba a pasar unha tarde polas rúas de Santiago coa multitude de actuacións a cargo de diferentes agrupacións folclóricas.
DEPORTES
O sueco Jonas Ljungblad gaña a primeira etapa da Vota Ciclista da Ascensión
O corredor sueco Jonas Ljungblad, do P3 Transfer Batavus, lidera a Volta Ciclista da Ascensión 2008 "Gran Premio Xacobeo" tras o seu triunfo na primeira etapa da proba, que foi moi disputada desde o quilómetro cero e na que os 140 corredores ofreceron unha competición de gran calidade.