DEPORTES
Tempo para aprender a patinar sobre xeo
O concelleiro de Deportes, Andrés Fariña, presentou a Campaña escolar de iniciación á patinaxe sobre xeo. Desenvolverase do 10 ao 22 de xaneiro, en horario de mañá, na pista de xeo instalada no recinto feiral de Amio.
CULTURA
Compostela renova o seu compromiso coa danza con seis novos espectáculos
Despois do éxito da primeira edición, o certame SCQ Danza repite convocatoria. Faino con dous espectáculos máis que en 2006 e abrindo as súas portas tamén ás coreografías portuguesas. Desenvolverase no Teatro Principal e no Auditorio de Galicia.
TURISMO
Santiago é a segunda cidade con maior crecemento turístico en España
O último informe da Alianza para la Excelencia Turística, Exceltur, sitúa á capital galega como o segundo destino urbano español en crecemento turístico no terceiro trimestre do 2007, só por detrás de Valencia. As pernoctacións hoteleiras dese período en Santiago de Compostela medraron un 15,4% sobre o 2006, a só 4 décimas da capital do Turia.
CULTURA
O pianista Eldar Nebolsin actúa no Auditorio de Galicia xunto á Real Filharmonía
O recoñecido pianista Eldar Nebolsin acompaña á Real Filharmonía de Galicia para interpretar o Concerto para piano número 2 de Camille Saint-Säens. Será o xoves 10 de xaneiro, ás 21:00 horas, no Auditorio de Galicia.
ALCALDÍA
O Concello negocia coa Igrexa a construción dunha capela en Meixonfrío
O alcalde, Xosé A. Sánchez Bugallo, recibiu o mércores 9 a representantes da Asociación Veciñal Casa Agraria, de Meixonfrío. No encontro, ao que tamén asistiu o concelleiro de Infraestruturas e Relacións Veciñais, Bernardino Rama, informaron aos veciños das negociacións coa Igrexa para a sinatura dun convenio que permita a constitución dunha parroquia en Meixonfrío e a construción dunha igrexa, como os veciños demandaron.