EDUCACIÓN
Case 1.600 alumnos participaron nas visitas didácticas á exposición Santiago dC
Remata o programa de visitas didácticas á exposición Santiago dC, na sede do antigo Banco de España, e faino co "obxectivo cumprido", segundo a concelleira de Educación, Guadalupe Rodríguez. Un total de 1.587 alumnos e alumnas, de 34 centros, achegouse a esta mostra.
DEPORTES
Unha pista de xeo máis longa e durante máis tempo
Baixo o lema "ven deixar a túa pegada", a Concellería de Deportes e o Multiusos Fontes do Sar poñen a disposición de todos os cidadáns, outra edición mais, unha pista de xeo. O xoves 20 de decembro abrirase a pista no Recinto Feiral de Amio. Este ano, esta proposta lúdica chega con novidades en canto a lonxitude da pista, horarios e descontos.
ALCALDÍA
O alcalde agradece o labor dos traballadores xubilados en 2007
Como cada ano por estas datas de Nadal, o alcalde recibiu aos traballadores do Concello que se xubilan en 2007. Sánchez Bugallo agradeceulles o seu labor durante tantos anos e entregoulles unha placa conmemorativa.
EDUCACIÓN
Premio ao traballo social cos minusválidos e co colectivo xitano
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, e a concelleira de Educación, Guadalupe Rodríguez, fixeron entrega dos Premios Vagalume 2007, que este ano cumpriron a súa décimo quinta edición. Recibiron o seu galardón a Confederación Galega de Minusválidos (COGAMI) e a traballadora da Fundación Secretariado Xitano Banessa Giménez Giménez.
NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA
Cenlitrosmetrocadrado, o Dado Dadá e a Federación de Libreiros de Galicia, galardoados polo seu bo uso do galego
Os VIII Premios Manuel Beiras foron entregados nun acto celebrado no hotel Araguaney e presidido polo alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo. Alí estiveron os galardoados nesta edición: Cenlitrosmetrocadrado, Dado Dada e Federación de Libreiros de Galicia.
MOCIDADE
Concerto para a mocidade compostelá de dous grupos dos Locais Municipais de Música
O venres, 21 de decembro, celebrarase un concerto no que actuarán para a mocidade compostelá dous grupos que ensaian nos Locais Municipais de Música: Codename e Pa La Peña (PLP). A asistencia é libre e de balde, a partir das 22:30 horas.
PROMOCIÓN ECONÓMICA
O Proxecto Equal Compostela Social chega ao seu fin coa Xornada Final de Transferencia e Boas Prácticas
O xoves 20 celébrase no Auditorio de Galicia a Xornada Final de Transferencia e Boas Prácticas do proxecto Equal Compostela Social, no que se fará balance deste programa. O concelleiro de Promoción Económica e Turismo, Xosé Manuel Iglesias, inaugurará a xornada acompañado polos alcaldes de Ames, Boqueixón, Brión, Teo, Val do Dubra e Vedra, así como polo director xeral de Promoción do Emprego, Álvaro Ánsias. Ás 11:30 horas, o Comité de Dirección da Agrupación do...