REFORMA ADMINISTRATIVA
Dous novos rexistros no Ensanche e en Fontiñas achegan a Administración aos cidadáns
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, acompañado da concelleira de Reforma Administrativa, Rosa Fernández, visitou o Centro Sociocultural do Ensanche, con motivo da súa posta en marcha tamén como rexistro auxiliar para a entrada de documentación. Este novo rexistro, xunto co do Centro Sociocultural de Fontiñas, vén a desconcentrar este servizo, que se achega deste xeito aos cidadáns.
URBANISMO
Emuvissa aproba nove acordos de expropiación do SUNP-14 de Tras Paxonal
A Empresa Municipal de Vivenda e Solo (Emuvissa) celebrou o seu Consello de Administración, presidido polo alcalde, Xosé A. Sánchez Bugallo. Na reunión aprobáronse nove acordos de expropiación con propietarios de terreos no ámbito do Plan de Sectorización do SUNP-14 de Tras Paxonal.
TURISMO
Os responsables turísticos do Camiño de Komanu visitan Compostela
As rutas de peregrinación de Santiago e Komanu emprenderán a súa promoción conxunta en Europa e Xapón, aproveitando o seu carácter de camiños xemelgos nas terras do sol nacente e do solpor.
EMPREGO
Unha xornada expón o traballo realizado en Galicia en materia de muller e emprego
As II Xornadas Técnicas "Muller e Emprego" amosarán as experiencia, posibilidades e propostas de autoemprego nas mulleres con risco de exclusión social. O encontro celebrarase o luns 12 de novembro no Auditorio de Galicia.