ORZAMENTOS
Visto bo ao proxecto de ordenanzas fiscais para 2008
O concelleiro de Facenda e Ornamentos, Andrés Fariña, presentou o proxecto de ordenanzas fiscais para 2008, aprobado pola Xunta de Goberno. As novidades teñen que ver coa mellor comprensión, coa adecuación aos novos sistemas de xestión e coa actualización do IPC.
MULLER
A Concellaría da Muller concede 17.579 euros en subvencións a quince asociacións
O Goberno local aprobou a concesión de diversas subvencións para o fomento do movemento asociativo e de defensa da muller. Concedéronse axudas por un importe total de 17.579 euros, dos que se beneficiarán quince asociacións.
DEPORTES
O Día da Bicicleta, suspendido no seu día polo mal tempo, celebrarase o domingo 21 de outubro
O mal tempo impediu a celebración do Día da Bicicleta o 30 de setembro. Por este motivo, o Goberno local designou unha nova data para este evento, o domingo 21 de outubro, co percorrido e o horario previsto para entón.
ALCALDÍA
Santiago mellora as súas comunicacións con Ourense grazas á apertura dun novo tramo da AG-53
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, asistiu no Carballiño (Ourense) á inauguración do treito Dozón-Enlace de Cea da autovía AG-53, que unirá Santiago con Ourense. O tramo foi inaugurado polo presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño, acompañado pola conselleira de Política Territorial, María José Caride.