ALCALDÍA
Familiares de enfermos mentais piden que se visualice esta enfermidade
Dende 1992, o 10 de outubro celébrase o Día Mundial da Saúde Mental. A súa finalidade é establecer un punto de referencia para promover actividades e estratexias de concienciación sobre a problemática da saúde mental entre a cidadanía. Compostela uniuse á conmemoración deste día a través dos actos organizados pola Federación de Asociacións de Familiares e Enfermos Mentais de Galicia (FEAFES Galicia).
COMERCIO
Os gañadores da edición de outono do Concurso de Escaparatismo xa teñen as súas bandas de recoñecemento
Unha edición máis, o concelleiro de Promoción Económica e Comercio, Xosé Manuel Iglesias, desprazouse ata os establecementos gañadores do Concurso Municipal de Escaparatismo "SCQ Shopping" para entregarlles as súas bandas de recoñecemento. Na convocatoria de outono os gañadores foron, por esta orde El rincón del aceite, Media Lúa e Chocolat Factory.
CULTURA
"Pan": catro propostas teatrais para reflexionar sobre o paso dunha sociedade agraria a unha globalizada
Volta e Dálle Teatro está de estrea cunha nova obra en forma de catro propostas arredor do tema da malla. O Teatro Principal será escenario, o sábado 13, da primeira posta en escena desta singular representación que toma como referente esta tradición perdida en Galicia para reflexionar sobre o paso dunha sociedade agraria a outra globalizada.
EDUCACIÓN
Un traballo sobre o traballo da lóxica matemática na aula gaña a V edición dos Premios Educacompostela
O xurado da V edición dos Premios Educacompostela elixiu como gañador o traballo denominado "Como traballar a lóxica matemática a partir das rutinas da aula", realizado en conxunto por alumnos de varios centros e que recibirá un premio de 1.200 euros. O segundo traballo clasificado correspondeu a un traballo do IES Eduardo Pondal de Santiago (900 euros) e o terceiro a un do IES Portovello de Ourense.
CULTURA
Éxito no primeiro dos concertos do Orfeón Terra a Nosa e da Capela Compostelana en Estados Unidos
O primeiro dos concertos do Coro da Fundación Caixa Galicia Terra a Nosa e da Capela Compostelana en Estados Unidos, dentro dunha xira organizada pola Concellaría de Cultura, a Dirección Xeral de Turismo da Xunta de Galicia e a Asociación para a Promoción da Música (Actus), obtivo un éxito total. Este primeiro concerto, baixo a dirección de Miro Moreira, celebrouse na Igrexa de San Bartolomeu de Nova York, onde máis de 600 persoas gozaron coa música antiga chegada desde Galiza.