INMIGRACIÓN
Dezaoito nenos e nenas inmigrantes están a participar no Programa de integración nas actividades socioculturais
Rapaces e rapazas de 3 a 12 anos orixinarios de países coma Uruguai, Arxentina, Venezuela ou Rumanía están a participar durante o mes de xullo nas actividades do Programa de integración dos/as nenos/as inmigrantes nas actividades socioculturais. Ata o momento son dezaoito os apuntados, pero para o mes de agosto serán aínda máis os que se beneficien destas actividades, organizadas pola Concellería de Emigración e Inmigración.
EDUCACIÓN
As actividades educativas do verán chegan á súa fin cun grande éxito de participación
As propostas lúdicas e formativas organizadas pola Concellería de Educación e Mocidade chegan ao seu fin cun novo éxito de participación. A Escola Municipal de Verán de Inglés, o Campamento Urbano ou Ferradura Aberta pechan as súas portas o venres 28 de xullo ata as vindeiras vacacións estivais de 2007.
FESTAS
Centos de persoas enchen de colorido as rúas compostelás ataviadas co traxe galego
As rúas do casco histórico foron escenario da homenaxe que, cada ano, se lle rende ao traxe galego. Centos de persoas de tódalas idades responderon á convocatoria da Asociación do Traxe Galego e luciron as súas mellores galas nun día soleado e emotivo.
RESTAURACIÓN
O Consorcio forma aos futuros restauradores da Capela Xeral de Ánimas
O Consorcio de Santiago organiza un Obradoiro de Formación de Restauradores de Bens Culturais sobre estuco de xeso. O seu obxectivo é preparar técnicos especialistas coa fin de restaurar os retablos da Capela Xeral de Ánimas, en colaboración co Opificio delle Pietre Dure de Florencia, un dos máis prestixiosos Institutos mundiais en materia de restauración.
FESTAS
A VI Volta a Galicia de Automóbiles Antigos chega a Santiago encabezada por 40 vellos cacharros
Os amantes dos vehículos antigos están de celebración esta fin de semana. A VI Volta de Automóbiles Antigos chega a Santiago o sábado 29 encabezada por 40 destes vehículos. Esta Volta trata de ser unha actividade lúdica e cultural coa que se pretende sensibilizar ao contorno sobre a importancia de conservar estes vehículos.
PXOM
Representantes veciñais reúnense co alcalde e o tenente de alcalde para falar do PXOM
Con motivo da inminente aprobación do Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM), o vindeiro luns 31 ás 12 da mañá, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, e o tenente de alcalde, Néstor Rego, recibiron ao
longo do venres 28 aos representantes das asociacións veciñais de Santiago.