INFRAESTRUTURAS
O novo enlace entre Sar e Pontepedriña abre unha alternativa á rotonda de Galuresa
Os composteláns dispoñen xa dunha nova estrada entre Sar e Pontepedriña, que aliviará a circulación nunha das principais áreas de entrada á cidade. A vía abriuse nun acto no que participaron, entre outros, o alcalde de Santiago, Xosé A. Sánchez Bugallo; o secretario de Estado de Infraestruturas e Planificación, Víctor Morlán Gracia; a conselleira de Política Territorial, María Xosé Caride, e o delegado do Goberno en Galicia, Manuel Ameijeiras.
FESTAS
Leilía repasou a súa historia musical na Quintana
A Praza da Quintana foi escenario do espectáculo único preparado por Leilía para as Festas do Apóstolo. As cinco compoñentes da formación estiveron acompañadas de amigos como Antón Seoane e Nando Casal (Milladoiro), Xosé Manuel Budiño ou Eric Liorzou de Bleizi Ruth.
ALCALDÍA
Pechado o acordo para a construción da estación intermodal do AVE
O alcalde de Santiago, Xosé A. Sánchez Bugallo, aproveitou a visita do secretario de Estado de Infraestruturas e Planificación, Víctor Morlán, con motivo da apertura do vieiro Sar-Pontepedriña, para abordar diversas cuestións que afectan ás infraestruturas da cidade. Entre elas, confirmou que xa está listo para a súa sinatura o convenio entre o Ministerio de Fomento, a Consellería de Política Territorial e o Concello de Santiago que posibilitará a construción da nova estación do AVE.
FESTAS
Centos de persoas pasearán polas rúas de Compostela co tradicional traxe galego
O concelleiro de Festas de Santiago, Xosé Baqueiro, e a presidenta da Asociación do Traxe Galego, Pilar Domínguez, presentaron a vixésimo oitava edición do Día do Traxe Galego, que terá lugar dentro do marco das Festas do Apóstolo o venres, 28 de xullo. Pilar Domínguez fixo un percorrido pola historia desta celebración e da Asociación do Traxe Galego, lembrando o crecemento que experimentou nos últimos anos a participación da xente neste día. Ademais, resaltou que a Asociación...