COMERCIO
O recinto feiral de Amio acolle o Compostela Outlet
O sábado, 14 de marzo, ás doce do mediodía, inaugurase oficialmente Compostela Outlet 2009. III Feira de comercio polo miúdo, que desenvolve a Concellaría de Promoción Económica, Emprego, Comercio e Turismo. Ao acto está previsto que asista o responsable do departamento, Xosé Manuel Iglesias, e os máximos representantes das asociacións de comerciantes da cidade.
ALCALDÍA
O renovado parque infantil da Alameda incorpora tres áreas de xogos e un circuíto biosaudable
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, inaugurou a remodelación do parque infantil da Alameda, acompañado da concelleira de Medio Ambiente, Elvira Cienfuegos. Cun investimento de 117.823 euros, o parque conta agora con tres áreas de xogos segundo as idades e cun circuíto biosaudable. A zona estará protexida doutros usos por un valado.
MULLER
Inaugúrase a mostra que recolle o traballo realizado por un grupo de mulleres no taller "A saúde a través da arte"
A concelleira de Benestar Social e Muller, Mar Martín, clausurará mañá venres, ás 13:30 horas, o taller A saúde a través da arte. Será no Centro Sociocultural de Fontiñas, onde se inaugurará tamén a exposición Procesos, que recolle o traballo realizado neste taller creativo. Estes dous actos enmárcanse nos actos levados a cabo con motivo da celebración do Día Internacional da Muller o pasado 8 de marzo.
COMERCIO
Comenzan as actividades de animación na rúa de Marzo, mes do comercio
O xoves, 13 de marzo, comenzan as actividades de animación na rúa con malabares e zancudos que se desenvolverán no marco do programa de dinamización comercial Marzo, mes do comercio, organizado pola Concellaría de Promoción Económica, Emprego, Comercio e Turismo. Levaranse a cabo dúas representacións, o 13 e o 27 de marzo, entre as cinco e media e as seis e media da tarde na Praza do Toural e na Praza Roxa.
EMPREGO
Máis da metade das persoas que participan no Proxecto Crear V xa accederon ao mercado laboral
O 56% das persoas usuarias do Proxecto Crear V accederon ao mercado laboral dende que a Concellaría de Promoción Económica, Emprego, Comercio e Turismo empezou a desenvolver o programa, o 15 de setembro de 2008. Esta cifra de 42 persoas insertadas, 20 mulleres e 22 homes, é 16 puntos superior aos obxectivos fixados pola Xunta de Galicia ao remate do programa, que son de 26 participantes, o 35% do total.
ALCALDÍA
O Concello resolverá as licenzas de obra menor no prazo máximo dun mes
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, reuniuse en Raxoi cun grupo de representantes da Comisión do Sector da Construción e Derivados e co presidente da Cámara de Comercio de Santiago, Jesús Asorey. Tras escoitar as súas demandas para reactivar a economía, comprometeuse a axilizar a resolución de licenzas de obra menor ata un prazo máximo dun mes.
COMERCIO
Oitenta e cinco comercios participarán en Compostela Outlet
Un total de 85 estabelecementos comerciais acudirá o sábado 14 e o domingo 15 de marzo a Compostela Outlet, que se celebrará no Recinto feiral de Amio, en horario de dez da mañá a nove da noite. A feira de saldos, desenvolvida pola Concellaría de Promoción Económica, Emprego, Comercio e Turismo, ten como obxectivo axudar aos estabelecementos de venda polo miúdo de Santiago a liquidar existencias e, ao mesmo tempo, ofrecer aos consumidores produtos de calidade a prezos reducidos.
CULTURA
A Biblioteca Compostela de Narrativa Europea edita catro novos títulos
A Biblioteca Compostela de Narrativa Europea saca á luz catro novos títulos. Esta iniciativa da Concellaría de Cultura e a Editorial Galaxia permite desta vez traducir ao galego Sardinia Blues, de Flavio Soriga; A elegancia do ourizo, de Muriel Barbery; O castelo branco, de Orhan Pamuk; e O caderno dourado, de Doris Lessing.
TRANSPORTES
Case 196.000 vehículos pasaron polos aparcadoiros municipais en 2009
Os aparcadoiros xestionados pola Sociedade Municipal de Xestión do Transporte Urbano (TUSSA), rexistraron o paso de 195.979 vehículos polos mesmos. Tanto os dous estacionamentos de Xoán XXIII e Belvís como a dársena de autobuses de Xoán XXIII experimentaron significativos incrementos no número de usuarios.
XUNTA DE GOBERNO
En marcha todos os proxectos incluídos no fondo estatal
A Xunta de Goberno iniciou a licitación do último dos 33 proxectos incluídos no Fondo Estatal de Inversión Local, de extensión da rede Wimax ás parroquias de Aríns e Figueiras. Ademais adxudicáronse provisionalmente as obras doutros catro proxectos e as direccións facultativas e coordinación de seguridade doutras 12, ademais de iniciar a contratación das direccións facultativas superiores de catro máis.